Skip to Content

Tabagón

Festa de samaín en Tabagón- Outubro 2019

30/10/2019 09:00
30/10/2019 14:00

 

O alumnado da escola de Tabagón celebran o Samaín con multitude e variedade de actividades como son: elaboración de galletas de medo, xogos, memory con tarxetas apropiadas á tematica...

O PASAMOS XENIAAAALLLL!!!

Facemos xelado en Tabagón- Outubro 2019

03/10/2019 09:00
03/10/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Tabagón (de educación infantil e primaria) realizamos nestre primeiro trimestre un obradoiro de cociña, no cal, aproveitando aínda o bo tempo, elaboramos e facemos xelados de diferentes sabores. 

Guiño QUE RICOS ESTABANNNN!!!

Tabagón- Setembro 2019

24/09/2019 09:00
24/09/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Tabagón estamos listos para comezar e afrontar este novo curso con ilusión. Vos iremos mostrando ao longo do mesmo todo o que imos investigando e aprendendo. 

Sorriso COMEZAMOS!!!

      

 

Revista "O Bufo Fich nº10" - Xuño 2019

29/06/2019 11:24

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a décima edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!


Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa fin de curso - Xuño 2019

20/06/2019 09:00
20/06/2019 14:00

Xa está... O curso 2017-18 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Pousavasos da nosa contorna - Xuño 2019

18/06/2019 09:00
18/06/2019 14:00

O alumnado do CRA, en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega, elaborou uns pousavasos para dar a coñecer os diferentes elementos da contorna. Estes pousavasos estarán presentes en diferentes establecementos do Rosal.

Saída a Baiona a visitar a Carabela Pinta - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA fomos de excursión a Baiona. Alí visitamos o museo do Mar, a Carabela Pinta e tamén xogamos nun parque infantil. Para elo, dividímonos en 4 grupos, mentres un iba a carabela, outro iba o museo do mar e os outros dous quedaban no parque xogando.

Ademáis, o alumnado de primaria, no tempo de estar no parque, foron dar un paseo polas murallas do paseo de Baiona.

Saída a Baiona - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

O vindeiro Mércores 29 de Maio os nenos e nenas do CRA iremos de excursión a Baiona. Alí visitaremos o Museo do Mar, unha carabela e faremos actividades ó aire libre.

Saída a pescar de Tabagón - Maio 2019

24/05/2019 09:00
24/05/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Tabagón pasamos unha mañan de pesca no río Miño. Ó remate da merenda, collimos as nosas canas e baixamos ó río andando, e unha vez alí preparamos as nosas canas e puxémonos mans á obra. Pasámolo xenial e incluso nos quedamos ata máis tarde das 14:00 desfrutando do día do río.

Coñecemos o colexio da Mata - Maio 2019

23/05/2019 09:00
23/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA que o vindeiro curso irán ó colexio da Mata tiveron a oportunidade de visitalo e coñecer as diferentes aulas, mestres e mestras e formas de traballar. Ademáis tamén poideron compartir xogos e actividades cos que van ser os seus futuros compañeiros.

Distribuir contido


by Dr. Radut