Skip to Content

Pías

Festa de Nadal - Decembro 2016

20/12/2016 09:00
20/12/2016 14:00

O último día de clase antes das vacacións de nadal facemos un día especial, unha festa!!!

Xogamos, preparamos unha merenda xenial que traen as familias, saímos ao patio... Pero o que máis agardamos é a chegada dos Reis Magos. Van pasando por cada colexio para visitarnos a todas as nenas e nenos do CRA. Alí, na clase, cando chegan saudámolos cunha canción e despois e entregámoslles as nosas cartas co que lles pedimos de agasallos. Como nos portamos moi ben regálannos lambetadas e deixan algúns agasallos en cada clase!!!

 

Obradoiro de Nadal - Decembro 2016

12/12/2016 09:00
14/12/2016 14:00

As nenas e nenos da escola de Pías do CRA puideron desfrutar dun obradoiro de manualidades navideñas nas súas respectivas aulas gracias a unha nai que se ofreceu a vir para facelo. O luns día 12 foi o momento das pequenas e pequenos de infantil, e o mércores 14 das nenas e nenos de primaria. Estiveron confeccionando varios adornos con moitivos coma Papá Noel, árbores ou bonecos de neve.

Quedaron moi chulos!!!

 

Carreira solidaria "Save the Children" - Decembro 2016

01/12/2016 09:00
16/12/2016 14:00

No CRA organizouse unha iniciativa solidaria en colaboración coa ONG “Save the Children”. Trátase de varias carreiras solidarias no propio colexio nas que participaron nenas e nenos, familias e mestras e mestres.

A verdade é que a iniciativa tivo unha gran acollida. Fomentouse nas nenas e nenos a realización de actividades físicas divertíndose e, ademais, colaboraron cunha iniciativa solidaria. Cada participante recibiu un dorsal co seu número e, ao rematar, un diploma agradecendo a participación e colaboración.

Gracias á xenerosidade de todas e todos deuse recaudado un total de 660 euros, que irán dirixidos a nenas e nenos que viven en Etiopía e carecen de subministros adecuados de auga, alimentos e materiais escolares.

Estupenda iniciativa e gran resposta. Gracias!!!

 

Obradoiro de percusión africana - Novembro 2016

21/11/2016 09:10
25/11/2016 14:10

Nas distintas escolas do CRA desenvolveuse un obradoiro de percusión de música africana. O obxectivo principal foi achegar a cultura africana ao noso alumnado a través da música e, por suposto, pasar un rato divertido. A actividade foi desprazándose en dúas mañás polas diferentes escolas para poder facerlles o obradoiro a todas as nenas e nenos do CRA.

No obradoiro as nenas e nenos tiveron a oportunidade de escoitar en directo diferentes ritmos africanos tocados con varios instrumentos de percusión. Tamén puideron usar eses instrumentos para practicar da maneira máis sinxela os ritmos que acababan de escoitar. Incluso puideron ver e participar de diferentes pasos de baile asociados á música que estaban escoitando.

En resumo: as nenas e nenos do CRA escoitaron e puideron ver en directo música tradicional africana, coñeceron de primeira man instrumentos doutra cultura, tocaron eses instrumentos, participaron na interpretación dos ritmos, bailaron e coñeceron persoas e parte da cultura de África. Unha actividade ben interesante!!!

 

Excursión Monte Tegra - Novembro 2016

18/11/2016 09:00
18/11/2016 14:00

As nenas e nenos de primari de todo o CRA fomos de excursión ao monte Santa Tegra, no concello de A Guarda. Alí fixemos unha camiñata de subida e coñecemos os restos castrexos impresionantes que alí se atopan. Despois pasamos polo museo arqueolóxico.

Pasámolo moi ben!

 

Magosto - Novembro 2016

08/11/2016 09:00
08/11/2016 14:00

Como todo os anos, as diferentes escolas reuníronse para festexar o magosto. Xuntámonos en Fornelos e pasamos un día xenial. Comezamos o día facendo xogos en grupos de diferentes idades para fomentar a cooperación e a convivencia. Xogamos co paracaídas, fixemos carreiras de sacos, lanzamos aos comecastañas…


Despois dos xogos e coa axuda dalgunhas nais e pais, asamos unhas castañas e comimos diferentes postres e comidas típicas destas datas feitos polos pais e nais… Puxémonos as botas!!!

 

Samaín - Outubro 2016

28/10/2016 09:00
28/10/2016 14:00

As nenas e nenos do CRA celebramos, cadaquén na súa escola, a festa do Samaín vindo disfrazados a clase e as mestras e mestres tamén!!!

Fixemos xogos e obradoiros de medo e preparamos entre todas e todos unha merenda terrorífica: arañas, dedos sanguentos, sangue de bruxa, terra con gusanos...


Unha merenda de medooooo!!!!!

 

Día das Bibliotecas - Outubro 2016

25/10/2016 09:00
25/10/2016 14:00

Todas as nenas e nenos do CRA, de infantil e de primaria, celebramos este día visitando a Biblioteca Municipal do Rosal. Alí desfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Manuel Solla.

Estivo xenial!

 

Exposición sobre a auga e reciclaxe - Outubro 2016

11/10/2016 09:00
11/10/2016 14:00

As nenas e nenos de primaria de todo o CRA saímos ata os baixos do Concello do Rosal para ver unha exposición sobre aparellos relacionados coa auga e, na plaza do Calvario, outra exposición sobre a reciclaxe.

Estivo moi chulo e aprendimos moito!

 

Revista "O Bufo Fich nº7" - Xuño 2016

28/06/2016 09:00
28/06/2016 14:00

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a sétima edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!

Preme aquí para descargala en formato "pdf".

Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut