Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (clique para ver)

BLOG DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

AVISOS

ATENCIÓN AO PÚBLICO SÓ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 881 960028

INSTRUCIÓNS COMEDORES CURSO 23/24

 

 

  1. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Data límite, o 12 de xullo.

 

 

  1. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Na secretaría do centro, en horario de 9:30-13:30.

 

  1. DOCUMENTACIÓN: ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS. (VER ARQUIVO ADXUNTO)

  1. QUE SE CONSIDERA UNIDADE FAMILIAR:

  • Cónxuxes.

  • Fillos/as menores de 18 anos non emancipados a 31 de decembro de 2021.

  • Fillos/as maiores de 18 anos incapacitados xudicialmente e suxeitos á patria potestade.

  • En caso de separación ou divorcio con custodia compartida ou parellas de feito, só computa un dos proxenitores.

 

  1. CÁLCULO DO PAGAMENTO:

  • Declaración da renda do exercicio 2022

  • Se se presenta declaración sumaranse todas as rendas dos membros computables da unidade familiar logo de facer os seguintes cálculos:

CASILLA 435+CASILLA460-CASILLA 595

  • Se non hai obrigatoriedade de presentar a declaración, hai que facer o seguinte cálculo en base á certificación da Axencia tributaria de ingresos:

CASILLA 0003+CASILLA 0027-CASILLA 0013-CASILLA 0596-CASILLA 0597


 

  • Para o cálculo do pago sumaranse as rendas dos membros computables da unidade familiar e dividirase entre o número de membros computables. Pódese facer o cálculo online no link:

www. edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

  1. USUARIOS GRATUITOS: Consideraranse usuarios gratuitos, sen ter en conta a renda:

  • Alumnado en exclusión social certificada polos servicios sociais autonómicos ou municipais.

  • Alumnado en acollemento residencial ou familiar.

  • Alumnado con discapacidade ≥33%

  • Familias vítimas de terrorismo.

  • Familias vítimas de violencia de xénero.

          En calquera destes casos deberán presentar acreditación documental desta situación no centro.

 

  1. AUTORIZACIÓN DE COMPROBACIÓN DE DATOS: Deberán aceptar a autorización, do contrario terán que presentar toda a documentación.

 

  1. SOLICITUDES INCORRECTAS: O centro avisará ao interesado, quen terá 10 días naturais para corrixir as deficiencias; se non o fai, terá obrigatoriedade de pagar o prezo máximo. Se a documentación non é correcta, a Xunta de Galicia poderá pedir compensacións económicas.

 

AdxuntoTamaño
ANEXO II MODELO AUTODECLARACION COMEDORES CURSO 23_24.pdf1.14 MB


book | by Dr. Radut