Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (clique para ver)

BLOG DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

AVISOS

ATENCIÓN AO PÚBLICO SÓ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 881 960028

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 23/24

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

CURSO 2023/2024

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

 

Dende o 1 ata o 20 de marzo, ambos inclusive.

 

 

O proceso de admisión do alumnado tramitarase mediante a aplicación informática,admisionalumnado

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

As solicitudes de admisión de alumnado realizanse mediante o formulario ED550B. Que se cubrirá preferiblemente na aplicación admisionalumnado e presentarase na Sede Electrónica ( sede.xunta.gal) ou de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.

 

Xunto coa solicitude deberá achegarse copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia para acreditar a súa idade. Tamén se entregará a documentación que se detalla a continuación

 

  • Copia do DNI do alumno/a

 

  • Copia do libro de familia

 

  • Copia do DNI dos titores (pais/nais )

 

  • 2 fotografías (tipo DNI ) do alumno/a

 

  • Copia da tarxeta sanitaria do alumno/a

 

  • Informe médico para xustificar as dietas especiais e intolerancias alimentarias, que teña o alumno/a, no caso de solicitar o servizo de comedor

 

  • Copia do título de familia numerosa ( de ser o caso )

 

  • Certificado de minusvalía do alumno/a ( de ser o caso )

 

  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.Poden solicitalo no Concello .

 

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada, bastará para eso co selo do centro.

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

 

Do 20 ao 30 de xuño, no centro asignado: en Educación Infantil e Primaria.

Do 23 de xuño ao 7 de xullo: en Educación Secundaria Obrigatoria

 



book | by Dr. Radut