Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (clique para ver)

BLOG DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

AVISOS

ATENCIÓN AO PÚBLICO SÓ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 881 960028

ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024. RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

O CPI de Zas está adscrito ao IES Maximino Romero de Lema, de Baio.

Para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 23/24 existen dúas maneiras:

1º Presencialmente no CPI de Zas co modelo de solicitude ANEXO I, descargándoo no enlace inferior:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ed550a-g_3.pdf

E adxuntando a seguinte documentación:

  • ANEXO I (Orde 21/10/2022)
  • Documento acreditativo da representación
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente

 

2º A través da aplicación:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Unha vez introducidos todos os datos no procedemento ED550A, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe ( solicitude ) e presentalo no centro educativo.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE VAI DESDE 0 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO, AMBOS INCLUÍDOS.

 



book | by Dr. Radut