Skip to Content

Taboeiro Xeral de Avisos

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Está aberto o prazo ata o vindeiro día 11 de marzo para a solicitude de proba específica para acreditación de competencias dixitais do alumnado de 4º ESO. Podes consultar a resolución que regula este tema premendo aquí.

Prazo Admisión Alumnado

Apertura do prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado no centro desde o día 1 ao 20 de marzo. Para a súa tramitación pulsar aquí ou consultar a seguinte ligazón:

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As Mandas do Meco (semana do 5 ao 9 de febreiro de 2024)

AS MANDAS DO MECO

Semana do 5 ao 9 de febreiro

Xa podedes ir consultando as mandas do Meco para festexar o entroido no centro e así ilas preparando con tempo. Podedes consultalas premendo aquí.

CONMEMORACIÓN DO SAMAÍN EN INFANTIL E PRIMARIA

Estimados pais/nais/titor@s:

Informámolos de que este ano para conmemorar o Samaín no centro pensamos desde o claustro que sería boa idea que as familias elaboren un sombreiro de bruxa terrorífico. Poderanos traer ao cole e serán expostos. Dende o centro darémoslle un pequeno agasallo aos participantes. A data límite para traelos será o venres día 27 de outubro. Farase unha pequena festa con todos os nen@s o día 31 de outubro e actividades (padriños lectores, decoración de macetas, pegatinas con motivos de Samaín, Escape Room...) para conmemorar o día. Os nen@s que o desexen poderán vir disfrazados da casa. Moitas grazas de antemán pola súa participación.

 

Xa podes consultar as imaxes dos terroríficos sombreiros de bruxas presentados para a súa exposición no centro premendo aquí.

Xa podes consultar imaxes da celebración do Samaín que están tendo no centro premendo aquí.

Información sobre o programa Edixgal

Premendo aquí podes acceder á circular na que se informa do programa Edixgal que ten o centro educativo así como dos datos de contacto para calqueira incidencia que puidera acontecer co equipo do alumnado.

Do 29/12/2022 en adiante-PROGRAMA DEPORTE ESCOLAR-Cambio de aseguradora

Actuación ante un accidente deportivo

(A partires do 29/12/2022 en adiante)


Podes consultar mais en detalle o protocolo de actuacion en caso de accidente deportivo premendo aqui

CAMBIO DE HORARIO NO CENTRO

CAMBIO DE HORARIO NO CENTRO

A partires do día 1 de xuño lembrade que cambia o horario no centro que pasa a ser de 10:00 a 15:00 horas. Pode consultar o novo horario lectivo de Secundaria premendo aquí.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO. CURSO 2023-2024

O pasado venres, día 19 de maio de 2023, saíu publicada no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 e á que podes acceder premendo aquí

Tamén podes acceder ao modelo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar premendo aquí

PLAN DIXITAL DO CENTRO v.1.0

Neste curso creouse a Rede Galega Dixital de Centros -da que formou parte o noso centro coa aportación dun profesor como mentor- e desde a que promoveuse en toda a xeografía galega un proceso de reflexión enmarcado nunha Estratexia Europea de Educación Dixital coa que se buscou a análise e planificación de pasos de cara a transformación dixital dos centros educativos coa que adaptarse ás necesidades e á realidade da nova contorna actual caracterizada polo papel adquirido nela das novas tecnoloxías. Estes pasos iranse plasmando en plans dixitais que cada iranse revisando e mellorando. Para o vindeiro curso 2022-2023 proponse a implementación da primeira versión destes plans. No video seguinte explícase o proceso seguido ata a súa redacción e as liñas prioritarias do mesmo. Poderás acceder ao texto íntegro do plan na ligazón que se ofrece debaixo.

 

 

 

Podes visualizar o vídeo nunha nova lapela con maior tamaño premendo aqui

 

Podes acceder e descargar o texto íntegro do Plan Dixital do Centro v.1.0 premendo aqui

Distribuir contido


by Dr. Radut