Skip to Content

Taboeiro de novas

Información sobre o programa EDIXGAL ás familias

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA EDIXGAL ÁS FAMILIAS

Premendo aquí poderase acceder á circular informativa sobre o programa Edixgal que se enviou ás familias a través do alumnado do centro participante neste programa (desde 5º de educación primaria ata 4º de educación Secundaria). Nesta circular tamén se explica sobre o Seguro de cobertura de determinados danos nos ordenadores e a súa tramitación, información que voltouse a preguntar na reunión coas familias do pasado martes, día 27 de setembro.

Abalar Móbil: un aplicativo para facilitar a comunicación co centro ás familias

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece AbalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calqueira lugar, de forma cómoda e rápida.

 

Podes consultar información máis detallada premendo aquí.

Tes un videotitorial dispoñible explicando a instalación deste aplicativo. Para acceder a el premer aqui.

Disponse dun manual deste aplicativo para as familias ao que podes acceder premendo aquí.

Convocatoria de Reunión Informativa coas familias do Centro

CONVOCATORIA DE REUNIÓN COAS FAMILIAS

DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI "VIRXE DOS REMEDIOS"

Convócase a unha reunión informativa coas familias da comunidade educativa do CPI "Virxe dos Remedios" de Castro para o vindeiro martes, día 27 de setembro:

  • As familias de Primaria están convocadas ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro
  • As familias de Secundaria están convocadas ás 19:00 horas no edificio de Secundaria do Centro

Podedes acceder ao texto da convocatoria premendo aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut