Skip to Content

Benvida

BENVIDO/A Á PÁXINA WEB DO CPI "VIRXE DOS REMEDIOS" DE CASTRO CALDELAS

Na parte central atoparás as novas que se foron publicando na web ao longo das 8 semanas anteriores e nos bloques laterais poderás acceder a distinta información do centro segundo a súa temática.

CURSO 2024-2025: COMEDOR ESCOLAR

 

CURSO 2024-2025

COMEDOR ESCOLAR

 

Podes acceder á Instrución 1/2024 que regula o funcionamento dos comedores escolares para o vindeiro curso académico 2024-2025 premendo aquí.

Lembra que a partir do 25 de xuño de 2024 e ata o 1 de setembro de 2024 ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024-2025. Podes acceder premendo aquí ao modelo de solicitude para ser colaborador que se corresponde co anexo III da Instrución antes referida. 

 

CURSO 2024-2025: LIBROS DE TEXTO

CURSO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO

 

 

 Podes consultar os libros de texto de Educación Infantil para o vindeiro curso 2024-2025 premendo aquí.

 Podes consultar os libros de texto de Educación Primaria para o vindeiro curso 2024-2025 premendo aquí.

 

 

Prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes

Entrega de notas finais. Curso 2023-2024

ENTREGA DE NOTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

As notas de educación infantil e primaria entregaranse o vindeiro venres, día 21 de xuño de 2022.

ENTREGA DE NOTAS EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

As notas de educación secundaria obrigatoria entregaranse o vindeiro mércores, día 26 de xuño, ás 12:00 horas.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS

Do 26 ao 28 de xuño (ambos incluidos) estará aberto o prazo para o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título que corresponda en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

 

2024-Revista Escolar "O IRRIO"

 
Neste curso 2023-2024 publicouse nova entrega da Revista Escolar "O IRRIO". Podes acceder a ela premendo aquí ou na imaxe da súa portada enriba.

 

 

Edixgal

EDIXGAL

Podes consultar información sobre o programa, datos de contacto para a consulta de dúbidas, comunicación de incidencias no equipamento do alumnado ou concertación dun seguro para a cobertura de riscos naquel premendo aquí

CAMBIO DO NÚMERO DE CONTACTO TELEFÓNICO CO CENTRO

Cambiouse o teléfono de contacto telefónico co centro. No sucesivo o número de contacto telefónico co centro pasará a ser:

988 687 830

 

Distribuir contido


by Dr. Radut