Skip to Content

Celebrando o Día da Paz: nenos e nenas en armonía

Estamos encantados de compartir coa nosa comunidade educativa un momento especial de harmonía e unión en noso centro. Neste vídeo, os nosos queridos nenos e nenas únense nunha alegre roda, onde a música e o movemento son a expresión da nosa firme convicción na importancia da paz. A nosa comunidade educativa traballa día a día para inculcar valores de respeto, comprensión e solidariedade nos nosos alumnos.

 

Esperamos que este vídeo vos inspire tanto como a nós. Xuntos, construímos un mundo mellor, onde a paz e a fraternidade son os alicerces que guían os nosos pasos.

Participamos no V Concurso Pilabot xunto con mais de 150 centros da comunidade.

O CPI de Rodeiro participará xunto con outros centros da comunidade na V edición do Concurso Pilabot de recollida selectiva de pilas e acumuladores entre o alumnado e as súas familias nun período de 6 semanas lectivas

 

O centro dispón de dous contedores situados nos corredores de Primaria e Secundaria e entregaráselle ao alumnado contedores portátiles de cartón para entregar no centro aquelas pilas , pilas de botón, acumuladores ou baterías de uso doméstico destinadas a reciclaxe. Por exemplo, baterías de teléfonos móbiles, computadores portátiles, ferramentas portáliles, pilas  botón de audífonos, pilas de xoguetes, mandos a distancia, etc. 

 

Haberá premios para os centros que recollan mais quilogramos totais de pilas ou quilogramos por alumno, que poderán ser empregados para a compara de material escolar, deportivo ou para actividades educativas. 

 

Agradecemos a colaboración da nosa comunidade escolar para tomar conciencia sobre a reciclaxe das pilas. 

Os seres da mitoloxía galega

 

O alumnado de 1º da ESO, na materia de EPVA e para celebrar o Samaín deste ano, recreou algúns dos personaxes pertencentes á mitoloxía galega. As representacións foron elaboradoas en formato de cadro e con materiais diversos coma o cartón, goma eva, papel de periódico, etc. O resultado final amosou retratos con volumes onde as figuras semellaban sairse do cadro. As oito representacións corresponderon ós seguintes seres mitolóxicos: xacia, olláparo, tardo, lobisome, trasno, estadea, coca e urco. A cada cadro engadíuselle un carteliño descritivo de cada figura.

 

 

A VIAXE FELIZ DE RAMÓN SANFIZ.

O día 1 de decembro do 2023 o alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º ESO asistiu á obra de teatro “ A Viaxe Feliz de Ramón Sanfiz” que foi representada no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro e patrocinada polo Concello de Rodeiro.

Esta peza teatral, que gozou de grande éxito entre a rapazada do noso centro educativo, foi interpretada por Fantoches Baj e está inspirada na obra de Francisco Fernández del Riego, autor ao que se lle rendeu homenaxe nas Letras Galegas de 2023.  

Pódense visualizar máis imaxes da actividade na galería de imaxes do centro.

 

Teatro das emocións para Educación Infantil

Os nosos pequenos e pequenas de Educación Infantil viviron unha mañá emocionane o pasado 09 de outubro, cun espectáculo de teatro sobre as emocións. 

Nesta idade, na que apenas están dando os seus primeiros pasos na lectura e escritura, deben aprender, sobre todo, a xestionar os seus estados emocionais. 

 

Esta actividade foi promovida pola ANPA Xulio Lois.

 

Charla sobre protección da natureza a cargo da unidade do SEPRONA

O pasado 20 de decembro, unha representante da unidade do Seprona da Garda Civil visitou o CPI de Rodeiro dentro das actuacións do Plan Director que este corpo de seguridade desarrolla no ámbito educativo. 

 

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos está orientado á prevención das principais ameazas detectadas para a seguridade da mocidade, fomentar a confianza do alumnado, proxenitores e docentes nas Forzas e Corpos de Seguridade e desarrollar condutas para a denuncia de situacións e delitos dos que poidan ser vítimas.

 

Dentro das actividades solicitadas deste plan no presente curso escolar, realizouse unha sesión formativa para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, e 1º,2º, 3º e 4º de Educación Secundaria encamiñada a protección da natureza. 

Poderedes ver máis imaxes desta activade na galería de imaxes do centro.

Charla sobre agresións sexuais e violencia sexual dirixida a adolescentes

No CPI de Rodeiro, dedicamos tempo ao benestar integral dos nosos estudantes. 

O pasado 14 de novembro, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou  nunha charla sobre a prevención das agresións sexuais e violencia entre a mocidade.

Esta iniciativa, promovida polo Concello de Rodeiro,  enmárcase nas accións da Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa FEGAMP, contra a violencia de xénero. A actividade foi conducida por María Angélica Mercado Torres, mestra especializada en xénero e igualdade.

O obxectivo foi reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións, identificar violencias sexuais e promover unha educación afectivo-sexual alternativa á pornografía. No CPI de Rodeiro, comprometémonos a formar alumnado consciente e capaz de construír relacións saudables. 

Roteiro de Outono (21 de decembro)

O día 21 de decembro o alumnado da ESO participou nun roteiro polo Concello de Rodeiro para estudar os muíños da zona e o seu funcionamento, restos arqueolóxicos de interese e busca de cogumelos e o seu estudo.

A actividade encadrábase dentro do Plan Proxecta e estiveron acompañados polos profesores Suso Amboaxe, alma mater do roteiro, Tomás Porto, María Jesús Fernández, María Jesús Cortiñas e Rosana Sieiro. Ademais contaron coas explicacións dos muíños de un antigo profesor do centro, Horacio, propietario dun deles, reformado e convertido en central eléctrica.

Unha xornada enriquecedora para o alumnado do centro.

Plan Director. Seguridade Vial para unha movilidade activa, segura e saudable.

O pasado 03 de novembro, a Garda Civil visitou o CPI de Rodeiro dentro das actuacións do Plan Director que este corpo de seguridade desarrolla no ámbito educativo. 

 

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos está orientado á prevención das principais ameazas detectadas para a seguridade da mocidade, fomentar a confianza do alumnado, proxenitores e docentes nas Forzas e Corpos de Seguridade e desarrollar condutas para a denuncia de situacións e delitos dos que poidan ser vítimas.

 

Dentro das actividades solicitadas deste plan no presente curso escolar, realizouse unha sesión formativa para o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria encamiñada a promover unha movilidade activa, saudable segura e sostible, fomentando actitudes de respecto que incidan na prevención dos sinistros de tráfico. Despois da sesión informativa, o alumnado visitou o interior do furgón de Tráfico, experiencia que lles resultou motivadora e moi interesante. 

 

A sesión formativa estivo a cargo de persoal de Garda Civil, ao que lle agradecemos que enriquecera a charla coas súas vivencias persoais, que conseguiron enganchar a todo o alumnado presente. 

 

Recordade os catro piares da seguridade vial: tolerancia, respecto, educación e prudencia. 

Poderedes ver máis imaxes desta activade na galería de imaxes do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut