Skip to Content

8 M - Día da Muller

O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de Marzo e conmemora a loita das mulleres nunha sociedade na que aínda queda moito que visibilizar na desigualdade de xénero. Por elo, a Concellería de Igualdade organiza a proxección do documental  “Mulleres de Rodeiro. Mudando o cotiá”. 

 

En cooperación co CPI de Rodeiro, acudirán a esta proxección o alumnado de Educación Secundaria ao Centro Cultural “Manuel Lamazares”. Posterior á proxección, o alumnado poderá participar nun coloquio coas protagonistas. 

 

Exposición das reproducións dos canzorros da igrexa de Carboentes. Educación Secundaria

 

A igrexa de Carboentes (Rodeiro), templo de fasquía románica aínda que con remodelacións posteriores, é unha das máis interesantes do románico pontevedrés debido á calidade dos capiteis do presbiterio. 

Nun deles podemos observar a representación do voo de Alexandro Magno, que atou o seu trono a uns grifos, seres míticos representados nos capiteis tal como aparecían descritos nos manuais medievais: animais híbridos con corpo de león e ás e cabeza de aguia. Noutro aparece a historia bíblica de Daniel, cristián exemplar salvado por Deus das fauces dos leóns.      

Aquí tedes algunha reprodución dalgún dos motivos destes canzorros dos capiteis de Carboentes, realizados polo alumnado de 1º da ESO na materia de EPVA (plástica). A técnica empregada para a elaboración das mesmas é a do moldeado con cartón pedra, usando papel de periódico e cola branca para a configuración dos diferentes volumes das figuras. 

 

Esta actividade forma parte o Plan Proxecta “Paisaxe e Sustentabilidade”. 

 

 

09 de febreiro. Charla sobre acoso escolar.

Un curso mais, o alumnado do noso centro está a recibir formación dentro do programa “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos”, desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A proposta de actividades deste plan inclúe formación sobre temas relevantes como os riscos asociados ao uso de redes sociais, consumo de alcol e estupefacientes ou o acoso escolar, entre outros. 

Nesta ocasión, a actividade realizada o pasado 09 de febreiro foi destinada a todo o alumnado de Educación Secundaria. A formación e información preventiva xirou en torno á temática do acoso escolar (tipos de acoso, indicadores de bullying, consecuencias, etc). 

Debemos fomentar no noso alumnado os valores do respecto, tolerancia e empatía cara os demais. 

 

Queremos agradecer á Garda Civil a súa labor cos nosos rapaces e rapazas e felicitar ao noso alumnado polo seu comportamento durante esta actividade na que participaron de forma activa preguntando as súas dúbidas sobre esta temática.

30 de Xaneiro. Día escolar da non violencia e paz

O 30 de xaneiro, os centros escolares celebran o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, accións que lle custaron a vida. 

Desde o noso centro quixemos contribuir a esta celebración cunha actividade na que participaron todas as etapas educativas do noso centro. O alumnado decorou con diversas cores e mensaxes as plumas para elaborar unhas grandes ás co seguinte lema: “ abre as túas ás, voa alto e sé o cambio que desexes ver no mundo”. 

 

Aquí podedes ver unha mostra do alumnado de Primaria abrindo as súas ás para que nos axuden a que nos comprometamos a defender a paz e o entendemento entre as persoas de distinta procedencia ou diferentes xeitos de pensar. 

ADMISIÓN 2023-24

ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022 POLA QUE SE DESENVOVLE O DECRETO 13/2022 DO 3 DE FEBREIRO, E SE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTEN ENSINANZAS DE SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DE 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:

RESERVA DE PRAZA: SOLICITUDE ED550A E ANEXO I-BIS ENTRE O 15 DE XANEIRO E O 4 DE FEBREIRO DE 2023, AMBOS INCLUIDOS. (ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS)

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES: ANTES DO 1 DE MARZO DE 2023

ADMISIÓN: SOLICITUDE ED550B E ANEXO II-BIS ENTRE O 1 DE MARZO E O 20 DE MARZO DE 2023, AMBOS INCLUIDOS. (ALUMNADO DE NOVO INGRESO)

LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 25 DE ABRIL DE 2023

LISTAS DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 15 DE MAIO DE 2023

MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA:  DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023

MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA: DO 23 DE XUÑO AO 7 DE XULLO DE 2023

O ALUMNADO MATRICULADO NO CPI DE RODEIRO TEN GARANTIZADA PERMANENCIA NO CENTRO, SALVO QUE RENUNCIE OU CAMBIE DE CENTRO. NON OBSTANTE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA.

PROCEDEMENTO DE ESCOLARIZACIÓN EXTRAORDINARIA: SLICITUDE ED550C E ANEXO III-BIS ABERTO O PRAZO TODO O ANO MOTIVADO POR ALGUNHA CAUSA INDICADA NO ARTIGO 45

Cross escolar. Educación Primaria e Secundaria.

O pasado 13 de xaneiro un numeroso grupo do alumnado, dende os cursos de 3º Educación Primaria ata 3º de Educación Secundaria Obrigatoria asistiu a unha convivencia intercentros no recinto da Semana Verde de Galicia, sito en Silleda. O alumnado participou na fase zonal do Deza de campo a través, nunha actividade que pretende fomentar o deporte. 

 

Esta actividade forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva” denominada “Rodeiro respira actividade e deporte”


Esta competición de cross escolar, na que estiveron presentes alumnos e alumnas de doce centros escolares da comarca, tiña carácter clasificatorio para a fase provincial para os cinco primeiros alumnos/as. 

Os resultados foron moi positivos. Boa parte do alumnado conseguiu postos entre os primeiros 30 números. Dentro da categoría SUB-14 (Infantil Feminino) destacou o primeiro posto de Paula Cuñarro Sobrado de 1º de ESO

O próximo domingo, 12 de febreiro, Paula poderá participar na fase provincial individual xunto con outras rapazas doutros centros da comarca. 

 

Noraboa a todos e todas por tan bos resultados. 

 

Visita ao rocódromo da cidade amurallada. Educación Secundaria.

O pasado 24 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria visitou na cidade amurallada as instalacións do seu rocódromo para iniciarse na práctica da escalada. Esta actividade, organizada polo departamento de EF de Secundaria,  forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva” denominada “Rodeiro respira actividade e deporte”

 

O rocódromo de Lugo é o único en España que cumpre coas dimensións olímpicas nas tres modalidades de escalada (dificultade, búlder e velocidade) o que facilita a práctica desta disciplina olímpica que debutou en Tokio 2020. 

A práctica deste deporte resulta beneficiosa tanto para a saúde mental, sendo unha boa forma de liberar o estrés acumulado, como para a saúde a nivel físico, ao potenciar a forza, a flexibilidade e a estabilidade. 

 

Ademais, o alumnado fixo o descanso para o xantar no centro histórico da cidade aproveitando a visita á cidade de Lugo. 

 

 

Concurso de fotografía matemática para Educación Secundaria.

Consulta as bases no documento adxunto. 

Anímate a participar! 

Mascota gañadora para o CPI de Rodeiro.

Xa temos a mascota gañadora para a Biblioteca do noso centro! 

       

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

O concurso creativo proposto a todo o alumnado do noso centro buscaba unha mascota orixinal, que adore a lectura e con nome propio. As propostas gañadoras foron elixidas polo claustro de profesores do centro. Tras unha votación anónima, os gañadores do concurso foron: 

1º posto, premiado con unha tablet, para o grupo de 3 anos (4º de Educación Infantil) coa súa mascota Antón, nome que ademais honra ao patrón do noso concello. 

2º posto, premiado con un lote de libros, para Taila de Educación Primaria

3º posto, premiado con un lote de material escolar, para Analiz de Educación Secundaria. 

 

Noraboa ao alumnado premiado e moitas gracias a todos os participantes, neste primeiro concurso con tan boa acollida.

Distribuir contido


by Dr. Radut