Skip to Content

Exposición das reproducións dos canzorros da igrexa de Carboentes. Educación Secundaria

 

A igrexa de Carboentes (Rodeiro), templo de fasquía románica aínda que con remodelacións posteriores, é unha das máis interesantes do románico pontevedrés debido á calidade dos capiteis do presbiterio. 

Nun deles podemos observar a representación do voo de Alexandro Magno, que atou o seu trono a uns grifos, seres míticos representados nos capiteis tal como aparecían descritos nos manuais medievais: animais híbridos con corpo de león e ás e cabeza de aguia. Noutro aparece a historia bíblica de Daniel, cristián exemplar salvado por Deus das fauces dos leóns.      

Aquí tedes algunha reprodución dalgún dos motivos destes canzorros dos capiteis de Carboentes, realizados polo alumnado de 1º da ESO na materia de EPVA (plástica). A técnica empregada para a elaboración das mesmas é a do moldeado con cartón pedra, usando papel de periódico e cola branca para a configuración dos diferentes volumes das figuras. 

 

Esta actividade forma parte o Plan Proxecta “Paisaxe e Sustentabilidade”. 

 

 



page | by Dr. Radut