Skip to Content

ANPA

Con ciencia de muller - Educación Primaria

 

 

 

O pasado mércores 19 de outubro tivo lugar a actividade Con ciencia de muller para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro.

Unha animadora, caracterizada como científica, presentou de forma lúdica a algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras. Na presentación intercalaráronse experimentos sorprendentes para o alumnado que realizaron eles/as mesmos/as, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas. 

Nos últimos minutos, a monitora falou da situación das mulleres na ciencia, aportando datos como que tan só o 20% das persoas científicas en España son mulleres. A rama STEM é menos preferida entre as mulleres polos roles establecidos socialmente. 

Tamén se mostraron exemplos e referentes de mulleres científicas como Ángeles AlvariñoRamona Vaamonde ou Begoña Vila Costas, e as aportacións que fixeron á comunidade científica nos seus respectivos campos de investigación.

 

Contos violetas - Educación Primaria

O pasado luns 17 de outubro organizouse a actividade encamiñada a fomentar a igualdade "Contos violetas" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro. 

Un conto pode ser unha ferramenta para acompañar ás crianzas nunha vida máis xusta, humana e liberadora. A través de historias mostrouse a diversidade entre as persoas, para animalas a que se  amosen como son. 

Contacontos pola igualdade - Educación Infantil

Contacontos pola igualdade

 

O pasado luns 17 de outubro organizouse a actividade "Contacontos pola Igualdade" para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro. 

 

A partir de contos como fío condutor e dun modo moi lúdico e divertido, aproveitouse para facer reflexionar aos máis pequenos sobre a igualdade, as diferenzas entre homes e mulleres, a integración, a cooperación ou a corresponsabilidade. As sesións de contos igualitarios remataron cunha reflexión conxunta e guiada. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut