Skip to Content

Cantámoslle ao Nadal

O 22 de decembro o alumnado do noso centro educativo disfrutou das cantigas de Nadal da man de Manuel Varela e Carla Rey. Cantaron, bailaron e viviron as cantigas do nadal da cultura tradicional galega.

A Belén polo nadal.

A temática da aldea do noso Belén para o curso 2022-2023 foron os oficios e profesións. 

Contamos coa colaboración das familias que aportaron ao Belén casiñas, construcións, adornos, etc con manualidades feitas con material de refugallo. 

O alumnado do centro tamén elaborou adornos para a árbore de Nadal do noso centro.  

 

Agradecemos a implicación e a participación das familias na nosa comunidade educativa. 

 

 

C@nto contigo - Educación Infantil e Primaria


O pasado  xoves 14 de decembro, o alumnado de Infantil e Primaria do CPI de Rodeiro acudiu á Casa da Cultura para gozar dun espectáculo de cancións infantís. 

Paco Nogueiras, co espectáculo C@nto Contigo fai un percorrido polos seus traballos con cancións para participar activamente, bailando e sen complexos, acompañando coa voz, palmas ou acenos.

25N - Eliminación da violencia contra a muller.

Con ocasión da conmemoración do 25 de Novembro,a comunidade educativa do CPI de Rodeiro traballou a través de diversas actividades para reivindicar a eliminación da violencia contra a muller. 

 

 

A través da actividade “En el tiempo de las mariposas” promovida pola Comisión de Igualdade o alumnado de Secundaria realizou un mural conmemorativo construindo bolboretas de papel con mensaxes, datos de interese e os nomes e biografías das irmáns Mirabal. As irmáns Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa) foron tres loitadoras sociais, símbolos da valentía das mulleres. 


Mostramos tamén o mural realizado polo alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria como parte da actividade “A árbore do respecto”, proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A comunidade educativa deixou a súa pegada violeta para mostrar e recordarnos que queremos respecto para todas as persoas.

Estas foron algunhas das actividades realizadas no centro nesta data conmemorativa.

 

 

Plan Director - Educación Secundaria Obrigatoria

 

O pasado 22 de novembro, a Garda Civil visitou o CPI de Rodeiro dentro das actuacións do Plan Director que este corpo de seguridade desarrolla no ámbito educativo. 

Nesta actividade o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO coñeceron os riscos aos que se enfrontan ao navegar por Internet. 

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos está orientado á prevención das principais ameazas detectadas para a seguridade da mocidade, fomentar a confianza do alumnado, proxenitores e docentes nas Forzas e Corpos de Seguridade e desarrollar condutas para a denuncia de situacións e delitos dos que poidan ser vítimas.

Aprendendo a ver con gafas violetas - Educación Secundaria Obrigatoria

 

O pasado 11 de novembro o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO participou na actividade “Aprendendo a ver con gafas violetas” en colaboración coa ANPA Xulio Lois. A partir de materiais audiovisuais adaptados á idade dos participantes o alumnado identificou os roles e estereotipos de xénero a partir do traballo en pequenos grupos. Empregáronse diferentes exemplos que os fixeron reflexionar e proxectáronse exemplos de boas prácticas nos medios audiovisuais.

Concurso de deseño da mascota do colexio CPI Plurilingüe de Rodeiro.

Atréveste a deseñar unha mascota para a nosa biblioteca?

 

Consulta aquí as bases do concurso de debuxo da mascota e entrega a túa proposta antes do 16 de decembro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut