Skip to Content

Orientación

Quérote + _ Crea, conecta e comparte

Por un uso responsable das tecnoloxías dixitais, por unha internet segura. 

Por 365 días de respecto e igualdade. Recursos educativos. Maletas de igualdade

O centro disporá durante un mes dunha ampla lista de exemplares para traballar cuestións relativas á igualdade de xénero, tanto nas etapas de primaria como secundaria, cedidos de xeito temporal polo CFR de Lugo. 

No pdf adxunto máis abaixo pódese consultar a bibliografía dispoñible. Velaquí a mostra dalgúns exemplares. 

Mostra dalgúns exemplares indicados para educación primaria

 

Mostra dalgúns exemplares indicads para educación secundaria

 

Quérote + (Plan Proxecta). Obradoiro de prevención do consumo de alcol

Alumnos de 3º da ESO participan nun obradoiro de prevención do consumo de alcol. Detéctase entre o alumnado a normalización do consumo de alcol durante o tempo de ocio, así como o feito de que gran parte consideran o alcol ou as drogas como excitantes sexuais. Ante isto, xorde a necesidade de fomentar a concienciación e prevención. 

Concurso Deseño do cartel do día 8 de marzo

 

Os alumnos do CPI Ramón Piñeiro participaron no concurso de deseño do cartel do día 8 de marzo, día internacional da muller, convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Velaquí a mostra dos seus traballos. 

Charla sobre prevención da violencia de xénero

Os alumnos de 3º da ESO están traballando este curso en temas relacionados coa educación afectivo-sexual. Dada a relación destes temas coa relación de parella, con data de 19 de febreiro, asisten a unha charla sobre prevención de violencia de xénero. 

Por 365 días de respecto e igualdade. Coidar a relación é....

 

 

Analizamos as relacións tóxicas e sanas. Que é coidar a relación?

QUEROTE + (Plan Proxecta). Identidade e orientación sexual - Carteis

 

 

Logo da sesión de sensibilización sobre identidade e orientación sexual, os alumnos crearon varios cartaz para fomentar o respecto cara a diversidade. 

CHARLA: PREVENCIÓN NO CONSUMO DE DROGAS E ALCOL

Prevención do consumo de drogas e alcol co alumnado de 4º da ESO. 

CHARLA: PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

Charla sobre prevención do acoso escolar, impartida pola Garda Civil para o alumnado de 5º E.P, 6º E.P e 1º ESO. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut