Skip to Content

Lingua galega

3º ESO

ACTIVIDADES 3º ESO

Lectura do texto  Cova de Eirós e contestar as preguntas. Páx. 106 

Vocabulario: Espeleoloxía e outros deportes. Páx. 172 e 173 (exerc. 5, 6)

Literatura do século XIX. Primeiros textos. Os Precursores do Rexurdimento. Páx. 183

 

      Para os alumnos que non teñan o libro, déixovos un arquivo coas páxinas que precisades para desenvolver a tarefa.

 

1º ESO

 

ACTIVIDADES 1º ESO

Lectura do texto O sabio Hiawatha  e exercicio 1. Páx. 110
Inventa a túa historia (páx. 111):

Exerc. 3.  Elixe un refrán e escribe unha historia que teña relación con el.

Exerc. 4.  Redacta unha historia que sirva de explicación fantástica a algún dos temas propostos nos tres bloques.

 

 

2ª ESO

ACTIVIDADES 2º ESO

  • Lectura do texto Oleiros de Gundivós e preguntas de comprensión. Páx. 135
  • Ortografía: uso do h. Exercicios páx. 144
  • Texto O vello que quería ver o tren. Lectura e actividades de comprensión: todas excepto a número 5.

Un saúdo

 

4º ESO

ACTIVIDADES 4º ESO

 Creacionismo. Manuel Antonio. Páx. 98-99

 Comentario do texto Sós. Páx. 102-103

 Actividades sinaladas para o poema  Adeus

                        Adeus

Entre a calima
               traspondo o meu ollar
esquivouse o velamio
Deixounos a badía
chea da súa ausenza
e a mañán sin perspectiva

Agora en terra
arredado de mín mesmo
por un oucéano de singladuras
o vento da Ría
vai virando a folla de cada emoción

-O Sol indiferente
Sirena augardentosa dos vapores
Un retraio de fume
no rompeolas da paisaxe
Os engranaxes da grua
esmoen a mañán morna-

Debaixo dos meus pasos
xurde o ronsel da Vila natal
Ela cos brazos cheos de sono
teima salvarme dun naufraxo antigo
E os meus ouvidos incautos
queren dormir no colo
das cantigas vellas

Eu cacheaba tódolos segredos
das miñas mans valdeiras
porque algo foi que se perdeu no Mar

...alguén que chora dentro de mín
por aquel outro eu
que se vai no veleiro
                          para sempre
                          coma un morto
co peso eterno de tódolos adeuses.

    a) Lectura do poema e interpretación de cada estrofa

    b)Trazos vanguardistas

2º ESO

2º ESO

Ola a todos.

Reiniciamos a actividade despois desta paréntese:

  • Revisión dos verbos regulares (páxinas 104-105). Déixovos, ademais, estoutros exercicios relacionados co tema:

           1.  Sinala os verbos do texto e indica o tempo verbal:

          Seica os cabalos criados ceibes xa existían no século VI a.C., cando chegaron os celtas. Segundo conclúen algúns historiadores, xa os Oestrymus, pobo que habitou en Galicia e en Bretaña antes cós celtas, posuían cabalos. Este pobo foi o que construíu as famosas mámoas por todo o territorio galego. Invadido e sometido posteriormente polos saefes ou celtas, non se viu aniquilado, senón que conviviu con eles deixando a súa pegada na raza celta e na súa cultura.

          A dominación dos celtas durou oito séculos e asentáronse en zonas onde aínda hoxe hai cabalos ceibes (…)

          Os historiadores opinan que as vivendas que constituían os castros, polas súas reducidas dimensións, só albergaban animais de pequeño tamaño, namentres cabalos e vacas pacían ceibes polos montes.

          2.  Indica se son regulares ou irregulares e  explica por que

          3.  Di cal é o tempo ao que pertencen as formas verbais dos seguintes enunciados:

              -   Hoxe cheguei tarde ao traballo porque había moito tráfico

              -   Para o almorzo levarei unha mazá das que collemos onte e un bocadillo de xamón

              -   Seica xa aparcaron e están na rúa, moi preto de onde vivía ela

              -   Vide vós e que veñan tamén os cativos

 

              LEMBRA:

              Nos verbos regulares a raíz non varía (andar, andei, andando…).

              Nos verbos irregulares a raíz sobre variacións nalgúns casos (dicir, digo, dixen…).

  • Lectura  A baía de Vigo e exercicios de comprensión 1,2,3,7 (páx. 118)
  • Ortografía  (páx. 125-126)

 

Coidádevos moito.

Un saúdo.

 

3º ESO

3º ESO

 

Ola a todos. Espero que esteades ben.

 

Propóñovos estas actividades para continuar coa aproximación á literatura galega nos Séculos Escuros:

-          O galego medio (páxina 155)

-          A literatura dos séculos XV – XVIII .Parágrafo de introdución (páxina 156)

Ademais, como práctica de escritura e de comprensión de texto, remítovos a “Raís de aventura”  para que o leades e fagades os exercicios 1,2,3, 4 e 9 ( páxinas 164 -165).

 

Recórdovos que o meu correo é      lelgacpi2020gmail.com

 

Coidádevos moito.

Un saúdo.

4º ESO

4º ESO

Ola a todos. Espero que esteades ben.

Retomamos o contacto ; propóñovos unhas actividades para seguir coa literatura.

-          Lede  As Vangardas (páxinas 97-98 ). Poñede especial atención ás Vangardas galegas: Hilozoísmo, Neotrobadorismo, Creacionismo. Centrádevos nas características de cada un destes movementos,  no autor e obra máis representativo de cada un deles.

-          Comentario dos poemas 1 e 3 da páx. 100. Podedes consultar as figuras literarias no apéndice do libro (volumen 1).

-          Transcribo un poema de Amado Carballo para que o leades con atención e contestedes ás preguntas que vos propoño:

 

LAR

Anda a choiva no tellado

como unha galiña choca

que nesta noite ficara

no poleiro porta afora.

 

Con arelanzas de lobo

  • o vento abanea as portas

e ouvea doidamente

nas tebras molladas, fondas…

 

Alá xunto da cociña

óese o meniño que chora,

aterecida de medo

a súa voz no silencio aboia.

 

As mans abuadas da choiva

Baten nas costas do mar

E con leda brincadeira

A foula canta un cantar.

 

Aceiteira….

       Vinagreira….

             Chascorrás….

 

-          De que fala cada estrofa do poema?

 Se ordenas as palabras desfacendo o hipérbato, é moi fácil.

 Exemplo da 1ª estrofa:

 a choiva anda no tellado como unha galiña choca que esta noite ficara porta afora do poleiro

Compara a choiva coa galiña; o son que producen é semellante.

2ª estrofa:

 

3ª estrofa:

 

4ª estrofa:

 

Cal é o tema?

Fíxate se identificas fácilmente as características do hilozoísmo.

Atopas exemplos de personificación?

En relación coa sensorialidade, cal é o sentido (vista, oído…) que está máis presente no poema?

 

 

1º ESO

1º ESO

Ola. Confío en que esteades todos ben.

Póñome en contacto con vós para que vos manteñades activos lendo e escribindo en galego:

-          Lectura atenta do texto En busca dun tesouro enterrado (páxinas 98-99) e exercicios de comprensión 1,2,4,5 e 13 (páxina 100).

-          Vocabulario Os cinco sentidos. Exercicios 1,2,3,5,7,8 (páxina 103).

-          Lectura “Que é unha lenda?”, seguida do texto O naufraxio e as actividades relacionadas con el (páxina 108).

 

Recórdovos que o meu correo é:      lelgacpi2020gmail.com

Coidádevos moito.

Un saúdo.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Para que nestes días de confinamento non deixedes de ler, achégovos este enlace coa plataforma GaliciaLe. Podedes, así, acceder de forma gratuíta a libros, obras audiovisuais e revistas en formato dixital, para todas as idades e en distintas linguas.

Video promocional de GaliciaLe: https://www.youtube.com/watch?v=yQb5STI9axA

Plataforma GaliciaLe: https://www.galiciale.gal/

correo electrónico

 

Déixovos o meu correo electrónico para que enviedes os vosos traballos ou para calquera outra consulta. 

                                  lelgacpi2020gmail.com 

Distribuir contenido


by Dr. Radut