Queridas familias:
Dirixímonos novamente a vós para facervos unha proposta. Dado que parece que imos tardar en volver ás aulas, desde o equipo de educación infantil parécenos unha idea interesante facer unha videoconferencia por grupos para vernos todos/as.
Para facer a videoconferencia recomendámosvos empregar un ordenador (debe ter altofalante e micrófono). Na páxina web do centro tedes un videotitorial que explica como funciona o servizo de videoconferencia para o alumnado a través da plataforma CISCO WEBEX.
Dentro duns días vos diremos a data, hora e o número da reunión para que poidades conectarvos e todos podamos por fin vernos e charlar un ratiño. Se tedes dúbidas podedes escribirnos aos correos electrónicos das profes de infantil.
Saúdos do equipo de infantil.