EXPERIMENTO DE 4º PRIMARIA, MAIO 2022
Precisamos: Plastilina negra, branca e verde; unha culler; auga; vinagre; bicarbonato; xel e colorante.
- Proceso:
1º- Colocamos periódicos sobre a mesa.
2º- Amasamos a arxila e moldeamos un volcán con forma cónica.
3º- Facemos un cráter cunha culler.
4º- Poñemos arredor do cráter bólas aplastadas de plastilina branca.
5º- Colocamos cara abaixo, como regueiros de lava, churros aplastados de plastilina negra.
6º- Na base do volcán decoramos con plastilina verde.
7º- Botamos no cráter a mestura da auga, o vinagre, o xel e o colorante.
8º- Finalmente engadimos o bicarbonato e…
COMEZA A ERUPCIÓN !
Ao mesturar vinagre (ácido) co bicarbonato de sodio (base) reaccionan e transfórmanse en auga, acetato de sodio (sal) e dióxido de carbono (gas). O dióxido de carbono é o responsable de que se formen as burbullas da erupción do volcán.