Skip to Content

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO A LUGO

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO A LUGO PARA VISITAR O CIFP POLITÉCNICO E OS XUZGADOS.

(28/03/2022)

 

Unha das actuacións recollidas dentro do Plan de Orientación Académico-Profesional do CPI Ramón Piñeiro é a visita a centros educativos da contorna, de cara a proporcionar información ao alumnado sobre as diferentes opcións académicas e profesionais existentes ao rematar a ESO. O pasado día 28 de marzo, o alumnado de 4º da ESO visitou o CIFP Politécnico de Lugo para coñecer de primeira man algúns dos ciclos de formación profesional que alí se imparten e as súas correspondentes familias profesionais. Algúns dos ciclos que visitaron foron: CM Coidados Auxiliares de Enfermería, CS de Próteses dentais, CS de Hixiene bucodental, a familia profesional de Electricidade e electrónica (CS de Robótica) e o CS de Educación Infantil.

 

A continuación, dentro dunha colaboración co Tribunal de Xustiza de Galicia; a fin de achegar a xustiza e o seu funcionamento aos escolares e a fin de que coñezan de primeira man os traballos relacionados con este campo, o alumnado asistiu a tres xuízos (co seu fiscal, xuíz, letrados, etc), podendo ver o día a día nun xuzgado.



story | by Dr. Radut