Skip to Content

ADMISIÓN BACHARELATO CURSO 2022-23

Achego información sobre a fase de admisión para os estudos de Bacharelato de cara ao curso 2022/23.

 

 

CALENDARIO:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente de centros distintos aos centros adscritos,  o caso do CPI Ramón Piñeiro)

1 a 21 de marzo

Presentación da solicitude de admisión, según modelo normalizado (ANEXO IIno centro solicitado como primeira opción. Recoméndase consultar a web do centro de preferencia.

Do 1 ao 21 de marzo pódese presentar a solicitude a través da aplicación web da Consellería de Educación "aplicación alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

25 de marzo ao 5 de abril (a.i.)

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación dos admitidos/as

Reclamación ás listases provisionais de admitidas/os.

Antes do 15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados).

FASE DE MATRICULA.

25 de xuño a 10 de xullo

Formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:

As solicitudes de reserva e de admisión de alumnado realizaranse mediante a cumplimentación do formulario de admisión, o cal se pode cumplimentar na aplicación informática"admisionalumnado" (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias. Esta aplicación posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

 

  • Entregarase unha única solicitude no centro elixido como primeira opción.

• O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet  ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (ANEXO II; Formulario ED550B). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia. (Caso do alumnado de 4° ESO do CPI Ramón Piñeiro).

 

• Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#

 

• Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

• Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.



book | by Dr. Radut