Skip to Content

COMO SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 (Actualizado a 16 de Setembro de 2021)

 

 

Cando un alumno/a presenta dificultades no seu proceso educativo, de ensino-aprendizaxe ou desenvolvemento persoal pódense seguir unha serie de pasos:

 

1°) Comunicar as dificultades do alumno/a ao titor/a. Este é o primeiro nivel da orientación educativa. O/a titor/a é a persoa que mellor coñece ao alumnado da súa titoría e a persoa que máis información ten sobre os mesmos.

 

2°) Cando as medidas adoptadas no punto anterior non deran os resultados agardados, pódese solicitar a intervención do Departamento de orientación.

 

Tal e como recolle a normativa vixente (Artigo 34.3. do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade) "Os servizos de Orientación deberán deseñar e elaborar os correspondentes protocolos de demanda de avaliación psicopedagóxica. Os procedementos para esa demanda daranse a coñecer á comunidade educativa"

 

Conforme o establecido no Plan Xeral de Atención á Diversidade do Departamento de Orientación do CPI Ramón Piñeiro; o procedemento para solicitar a intervención/ avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación é o seguinte:

 

1) A persoa que fai a demanda (Titor/a ou Familia) porase en contacto co xefe do Departamento de Orientación e comunícalle o seu interese en que se lle realice unha avaliación psicopedagóxica ao alumno/a en cuestión.

 

2) A persoa solicitante (Titor/a ou Familia) cubrirá o Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.  Este cuestionario pódese opter por dúas vías: o proporciona o propio orientador nesa primeira entrevista ou descargándoo nesta web (no arquivo adxunto máis abaixo).

 

3) A familia do alumno (nai/pai ou titor/a legal) cubre e asina a Autorización de avaliación psicopedagóxica (anexa ao Cuestionario).

 

4) A persoa solicitante fai entrega ao xefe do Departamento de Orientación dos dous documentos (Cuestionario e Autorización da familia). Hai dúas opcións de entrega:

- Persoalmente ao xefe do Departamento de Orientación.

- Vía mail (escaneado): psicologiaypedagogia2@gmail.com

 

*NOTA: todos os documentos persoais do alumno/a (informes médicos, informes de servizos externos, etc) soamente serán aceptados si se entregan persoamente ao xefe do Departamento de Orientación ou na mail anteriormente referida.

 

Esquema do proceso de demanda:

 

AdjuntoTamaño
SOLICITUD EV.PSICOPEDAGOGICA.pdf107.1 KB


page | by Dr. Radut