Skip to Content

VEHÍCULOS DE RECICLAXE Marzo 2021 Curso 5º E:P:

QUE LUXO DE LIXO!

Tras estudar os materiais naturais e artificiais, xurdíu o gran problema do noso modo de vida actual: o consumo esaxerado de materiais plásticos. Este material xeneralizouse nos últimos 50 anos por ser un material dificilmente degradable (fan falta décadas e as veces siglos para que se degrade), é lixeiro e bo illante do calor e da electricidade e moi barato.

Pero este uso xeneralizado trouxo consigo un gravísimo problema de contaminación de ríos, mares e océanos. Os animais mariños inxírenos ao confundilos con medusas ou enrédanse neles e morren. Algunhas aves os tragan confundíndoos con lombrices, e atópanse baleas cos estómagos cheos de plásticos que lles impiden a dixestión e provócanlles a morte. Nos comemos peces que inxeriron microplásticos, pasando á cadea alimentaria de forma invisible. Nos tamén acabamos contaminados.

Reflesionamos moito sobre a necesidade de depositar todos os plásticos nos colectores de envases e, sobre todo, na necesidade de reducir a seu consumo ou de reutilizalo sempre que nos sexa posible.

Desta convinción xurdíu a idea de crear os nosos vehículos de xoguete con plásticos de refugallo e saíron fantásticos. Non pensas o mesmo?

 



page | by Dr. Radut