Skip to Content

Modificación temporal da xornada escolar

Saúdos

"Como ben sabedes, este curso adoptáronse unha gran cantidade de medidas e cambios no funcionamento do noso centro educativo na procura dun espazo de convivencia o máis seguro posible para tod@s, no marco do complicado momento que estamos a vivir por mor da crise do COVID19.

Entre esas medidas, ao comezo de curso acordouse solicitar á Consellería de Educación unha modificación temporal da xornada escolar de luns e martes, asemellándoa o máis posible á que temos para mércores xoves e venres, días estes que consideramos máis seguros ao ter unha dinámica de funcionamento máis sinxela: desta forma todos os días da semana se entraría e se sairía do centro á mesma hora.

O pasado mércores 28 de outubro recibimos confirmación oficial de que o proxecto de modificación temporal da xornada enviado no seu momento a Consellería de Educación, foi aprobado pola Xefatura Territorial de Educación de Lugo, polo que a partir da próxima semana o horario de saída do centro do alumnado será as 15:40 horas de luns a venres. Esta modificación excepcional, que se manterá mentres se manteña a situación xerada polo COVID, supón ter horarios e rutinas idénticas para todos os alumnos/as de infantil e primaria de luns a venres, precisando certos axustes na distribución interna das horas de clase de luns e martes para os alumnos/as da ESO.

En resumo, a partir do vindeiro luns 2 de novembro de 2020 e ata novo aviso, o horario de funcionamento do CPI Ramón Piñeiro será de luns a venres de 9:30 horas a 15:40 horas."



page | by Dr. Radut