Skip to Content

A UNIVERSIDADE.

A UNIVERSIDADE .

(31-03-2020)

 

Dende a Universidade de Santiago ofrecen unha oportunidade para que os estudantes de secundaria coñezan as distintas titulacións de grao desta universidade. 

Dende o Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC están a organizar os “Encontros Virtuais” da USC orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de grao da USC, cunha participación máis ampla das titulacións do Campus de Lugo que ían ser presentadas nas xornadas supendidas.

Os “Encontros Virtuais” da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, no enderezo web:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos  e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    A posibilidade de interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicaremos os horarios de cada unha das videoconferencias.

 

Deixo tamén links ás outras dúas universidades galegas, por si queredes consultar á súa oferta formativa:

Universidade da Coruña: https://www.udc.es

Universidade de Vigo: https://www.uvigo.gal/es

 



page | by Dr. Radut