https://www.youtube.com/watch?v=KLSf36iPqu8
Ola a todos ¿qué tal?. Seguro que estades todos ben por iso vos deixo aquí este enlace para que nomeedes o que se ve no vídeo tal e como o fai a voz que escoitades. Supoño que vos sairá moi ben xa que é moi faciliño por iso tamén lle lo puxen aos de primeiro. Outro día poñereivos máis cousas polo que debedes mirar nesta páxina a ver si hai algo novo. Por agora nada máis, Que o pasedes ben e ánimo que pronto volveremos ao cole. Un abrazo.
ABRIL 13-17
¿Seguimos todos ben?. Espero que si por iso vos propoño outro vídeo de ritmos para practicar con mans e pés e máis unha ficha moi fácil. Outro abrazo para todos.
https://www.youtube.com/watch?v=bFUPq8FBRuc
ABRIL 20-24
Ola a todos outra vez. Nesta ocasión deixovos aquí abaixo a ficha GLOP,GLOP GLOP para que poñades o nome a eses instrumentos de percusión ( algúns xa os tocamos na clase ). O enlace seguinte leva a un exercicio de ritmo con palmas, pitos e pés, a ver que tal vos sae. Un saúdo.
https://www.youtube.com/watch?v=4oAmDurPjro
ABRIL 27-30
Ola Nuria, ola Piero, ola Sara, ola Martín, ola Manuel, ola María, ola Yaiza, ola Pablo, ola Laura, ola Carmela e ola Celia. Para esta semana déixovos abaixo a ficha A FAMILIA DA CORDA e un enlace por si vos apetece ver un concerto a ver se vos gusta algunha canción e a aprendemos para a clase. Saúdos.
MAIO 4-8
Ola chic@s.¿ Todos ben ?. Supoño que si, pero de moitos de vós aínda non sei nada dende que nos teñen en cuarentena, e van máis de dous meses. Se ve que non vos acordades de mín que lle imos facer.
Déixovos abaixo unha ficha para que melloredes a caligrafía da clave de sol e outra cunha sopa de letras. ¡Que aproveite!.
Saúdos.
MAIO 11-15
Ola a todos.
Esta semana imos practicar coas liñas e espazos do pentagrama. Xa sabedes que se empezan a contar por abaixo. Deixo unha ficha e un enlace.
Ah! Alégrome de ter noticias dalgún máis de vós. Gracias e un abrazo.
https://aprendomusica.com/const2/45lineasyespacios/game.html
MAIO 18-22
Ola outra vez muchach@os. Dáixovos dúas fichas para esta semana. Na da COVA DO.... solo tedes que facer o 1º exercicio, a ver se vos acordades.
Unha aperta.
XUÑO
Ola nenos e nenas de segundo, rematamos este curso e felicítovos por todo o que traballastes, que xa me dixeron que fora moito. Agora toca descansar, aínda que eu vou deixar un enlace a un vídeo por se a alguén lle apetece entreterse algún día practicando un ritmo moi fácil. Tamén deixo outro enlace para unha canción que debedes ter moi presente de agora en adiante.
https://www.youtube.com/watch?v=a0nxpiQyBQ8
https://www.youtube.com/watch?v=lZf8RKw4AXs
Bo verán para tod@s
Adjunto | Tamaño |
---|---|
2º curso - 1.pdf | 55.99 KB |
Nun mercado persa 2º.pdf | 41.48 KB |
GLOP, GLOP, GLOP 2º.pdf | 42.99 KB |
A FAMILIA DA CORDA 2º.pdf | 35.72 KB |
Claves de sol.pdf | 235.13 KB |
Sopa de letras 2º.pdf | 252.78 KB |
LIÑAS-ESPAZOS MAIO 11-15.pdf | 242.55 KB |
NA COVA DO REI DA MONTAÑA 2º.pdf | 70.47 KB |
UNHA PULGA E UN LEÓN 2º.pdf | 44.58 KB |