Skip to Content

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: ADAPTACIÓNS DE ACCESO AO CURRÍCULO.

O Departamento de orientación pon en práctica iniciativas para mellorar a atención á diversidade do alumnado e crear un entorno máis favorable para o proceso de ensino-aprendizaxe. Neste caso, levouse a cabo unha sinxela adaptación de acceso ao currículo: a colocación de pelotas de tenis nas cadeiras de diversas aulas. Esta medida axuda a reducir a contaminación acústica e reduce de xeito considerable o ruído da aula. Así, conséguense diferentes beneficios: o alumnado con máis dificultades de atención ten menos ruídos distractores, o alumnado con dificultades de audición pode escoitar mellor; redúcese o nivel de ruído o que favorece un entorno menos tenso e crispado e, polo tanto, unha atmósfera máis favorable para a aprendizaxe do alumnado.

Para esta iniciativa contamos coa inestimable colaboración de Javier, o noso conserxe, que nos axudou na preparación das pelotas de tenis para a súa posterior colocación.

A intención do Departamento de orientación é esparexer -progresivamente- esta iniciativa a todas as aulas do centro, para reducir o seu nivel de ruído.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut