Skip to Content

Por 365 días de respecto e igualdade. Curtametraxe: El orden de las cosas

Visualizamos na aula un fragmento da curtametraxe "El orden de las cosas" (2010). Trátase dunha curtametraxe realizada polos irmáns Alenda sobre a violencia de xénero e os malos tratos no ámbito familiar. A curtametraxe transmite o paso do tempo na vida de Julia, que ten lugar nunha bañeira na que ela se refuxa dos malos tratos do seu marido e na que intentará reunir o valor para cambiar a orde das cousas. 

Trala visualización abreuse o turno para o debate e intercambio de ideas. A curtametraxe está cargada de metáforas e pese á súa complexidade, os alumnos captaron ben o seu significado e aportaron ideas e reflexións interesantes durante o turno de palabra, dando eles mesmos resposta a cuestións como o por que Julia permanece sempre igual mentres o seu marido envexece, o por que a porta do baño debía estar sempre aberta, o significado do cinturón, as variacións na persoalidade do protagonista en función das persoas coas que interactúa...En realidade, os alumnos analizaron a curta polo miúdo, concluíndo que as relacións de parella deben estar baseadas no respecto e igualdade e rexeitando toda clase de violencia. 

 



page | by Dr. Radut