Skip to Content

Galeano

Comedor

O comedor escolar

Axuda e instrucións para o pagamento do servizo de comedor

O pagamento do servizo de comedor pódese facer presencialmente no banco co impreso correspondente que facilita o centro educativo, pero tamén de xeito telemático a través de dúas canles:

  • Pagamento con tarxeta, a través de Espazo Abalar (non confundir coa aplicación Abalar Móbil) e a plataforma do CIXTEC, con calquera navegador se dispoñemos de certificado dixital ou chave 365. Neste caso o impreso de aboamento de taxas está xa previamente cargado na aplicación.
  • Pagamento con tarxeta (ou Bizum), a través a Oficina Virtual ATRIGA e TPV con calquera navegador e acceso libre, sen necesidade de identificación. Neste caso podemos recoller/solicitar o impreso no centro educativo para coñecer o importe ou calculalo nós mesmos multiplicando o prezo por día polo número de días nos que o/a alumno/a utilizou o servizo de comedor no mes en cuestión.

A vantaxe do uso do Espazo Abalar é que, se empregamos ese método de pago, non é necesario presentar xustificante do mesmo no centro. Nos outros casos haberá que presentar o xustificante do pago presencialmente ou enviándoo por correo electrónico.

A continuación deixámosvos as ligazóns para acceder ás dúas plataformas e unhas indicacións de axuda en relación cos procedementos.

Espazo Abalar | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

 Vídeo explicativo do proceso de pagamento a través da plataforma Abalar

 

Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradoras-es voluntarias-os do comedor escolar para o curso 2023/2024

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI Mosteiro-Meis como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do centro que desexen, ao longo do curso 2023/2024 colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar solicitude cubrindo a solicitude e o anexo III dos ficheiros adxuntos e achegándoo por correo electrónico ou presencialmente en secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 22 de decembro de 2023

A solicitude pódese presentar presencialmente ou correo electrónico.

Solicitude servizo de comedor curso 2023/24

  

 O NOSO COMPROMISO  

 


 

No comedor do CPI Mosteiro-Meis traballamos para ofrecer o mellor servizo e os mellores produtos ao noso alumnado, garantindo unha alimentación saudable.
 
Evitamos o uso excesivo de frituras, utilizando en todo caso aceite de oliva para realizalas. O aceite empregado para consumo en crú é aceite de oliva virxe extra.
 
Na medida do posible tamén utilizamos produto fresco e favorecemos o comercio local. O peixe e marisco mercámolo directamente nas nosas lonxas para o seu consumo no día.
Non usamos precocinados, todas as comidas elabóranse a partires de materias primas de calidade.
Filtramos e osmotizamos a auga para garantir a súa pureza e liberala de cloros.
 
Tamén levamos o rexistro de todos os produtos para non perder a trazabilidade dos mesmos.

 

 


Menú mensual

 
Xornadas gastronómicas

Funcionamento do servizo de comedor

Entradas
Principais
Sobremesas

Nutrición

 
Receitas da nosa cociña

 

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o servizo de comedor no curso 2023-24

Para beneficiarse do servizo de comedor deben encher a solicitude e presentala na secretaría do centro. O prazo de presentación da solicitude remata o día 14 de xullo.

Prema para acceder á solicitude do servizo do noso comedor escolar e as instrucións para enchela. (Deben presentala na secretaría do centro)

Distribuir contido


by Dr. Radut