O equipo directivo do CPI Mosteiro-Meis informa:
1- O director do centro deu positivo en Covid o luns 7 de setembro.
2- Ao longo desta semana o equipo directivo, profesores e demais persoal do centro que estivo en contacto estreito con director, foi sometido a test PCR.
3- Hoxe coñecéronse os últimos resultados dos test. Todos sairon negativos, é dicir, ninguén dos que estiveron en contacto co director está actualmente contaxiado.
4- Aínda así todas estas persoas permanecerán en cuarentena preventiva.
5- A petición do equipo directivo, o servicio de limpieza fixo unha desinfección TOTAL das instalacións do centro. Esta demanda foi acordada seguindo as recomendacións da directiva da ANPA, Concello, familias e directiva e persoal do centro.
6- Por todo isto, transmitimos a total garantía para inicio do curso con normalidade a partir do vindeiro luns 14 de setembro. Polo que recomendamos que leven aos seus fillos e fillas ao centro.
7- O comezo das clases en ESO será a partir do 23 de setembro.
8- O servizo de transporte funcionará con normalidade. Mentres non dea comezo o servizo de comedor o regreso será ás 14:30.