Os topónimos son os nomes que lles damos aos lugares polos que pasamos: terreos, toxeiras, cons, regatos, ríos, outeiros, campos, brañas... Sempre expresan algo significativo do lugar: sobre a vexetación, sobre a persoa propietaria, sobre a orografía, sobre lendas asociadas... Toda unha enorme cantidade de valiosa información que nos permite aprender de nosoutros como pobo e como cultura mesma
O proxecto
O EDNL do CPI do Mosteiro-Meis, co apoio do Concello de Meis, acaba de involucrarse no proxecto Galicia Nomeada que promove a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Xunta de Galicia, para recoller, organizar e poñer en valor os microtopónimos do noso concello.
Os nomes dos lugares para os galegos non son un territorio asunto de menor: Europa vivimos onde no maior concentración de topónimos existe por metro cadrado. Por iso, a Real Academia Galega propuxo que a nosa toponimia fose recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
Entrevista ao concelleiro de Patrimonio, José Ramón Vidal Juviño
Dentro das actividades deste proxecto, o alumnado de 6º de EP realizoulle unha entrevista ao concelleiro de Patrimonio, que podemos ver a continuación:
Durante este curso 2021-2022 a tramitación do seguro opcional non será xestionada polo Soporte Premium, senón pola empresa Plexus. Se desexan contratalo, poden facelo a través do teléfono 881 505 136 ou na páxina web de Plexus.
Ademais, nesa páxina poden atopar un manual sobre esta cuestión, que tamén lles achegamos como anexo a esta publicación.
En 1º e 2º de EP a listaxe de libros publicarase no mes de setembro. Aquelas familias que teñan dereito ao cheque de libros e/ou material poderán recollelo na secretaría do centro a partir desa data.
En 5º e 6º de EPnon hai fondo de libros por formar parte do proxecto E-dixgal, o alumnado destes cursos será beneficiario dun ordenador portátil cos libros dixitais correspondentes.
En 1º,2º,3º e 4º da ESOnon hai fondo de libros por formar parte do proxecto E-dixgal, o alumnado destes cursos será beneficiario dun ordenador portátil cos libros dixitais correspondentes. Aquelas familias que teñan dereito ao cheque de material poderán recollelo na secretaría do centro a partir do 8 de setembro.
Ante calquera dúbida contacten coa secretaría do centro para solicitar axuda ou información.
Relación dos libros de texto do curso 2022-23. Educación Secundaria.
Curso
Materia
Título, autor e editorial
ISBN
1º,2º,3º e 4º de ESO LIBRO DIXITAL (E-DIXGAL)
NON HAI QUE MERCAR LIBROS DE TEXTO
Relación dos libros de texto do curso 2022-23. Educación primaria.
CURSO
Materia
Título Título , autor, editorial e ano de publicación