Obradoiro: As mulleres invisibles na música

Venres, 24 de novembro de 2023.

Ao abeiro do 25N o Concello do Rosal organizou distintas actividades, unha delas foi este obradoiro impartido por Fátima Martínez e Nuria Naya ao alumnado de ESO, titulado "As mulleres invisibles na música".

Os distintos grupos de ESO gozaron dun pequeno concerto en directo con anécdotas, citas e detalles curiosos das compositoras co que concienciar ao alumnado da importancia, incidencia e marxinación das mulleres na música ao longo do tempo.

Moitas grazas ao Concello do Rosal por organizar esta actividade.

 

Álbum: 2023-2024 -> Obradoiro: As mulleres invisibles na música


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.