Teatro: O mel non caduca

Luns, 5 de xuño, 2023.

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

Hoxe o alumnado de ESO asistiu no Auditorio do Rosal á representación da obra "O mel non caduca" de Ibuprofeno Teatro.

Espectáculo xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Ao final da función un grupo de alumnos/as de 1.º e 2.º ESO estiveron falando con Avelino (actor da obra) sobre as abellas, os paneis, das sobreiras... resolveulles moitas das dúbidas que tiñan acerca do tema. Moitas grazas!

Actividade organizada polo Concello do Rosal.

Álbum: 2022-2023 -> Teatro: O mel non caduca


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.