Saltar navegación.
Inicio

O MUNDO DO RELIXIOSO

O MUNDO DO RELIXIOSO

Como di o tópico: non sabenos de ónde vimos nin a ónde imos. Tanto as raíces da nosa propia existencia como o noso destino ofrécensenos bordeadas por unha aura de misterio. O home respondeu de diferentes formas a ese misterio e a partir de revolución científica confiou especialmente na ciencia como modo de resposta. Non obstante, a ciencia moderna é un fenómeno históricamente recente e tan só uns 500  anos nos separan de Copérnico. Moito antes, hai uns vinteseis séculos, tiña nacido a filosofía en Grecia como un intento de dar resposta racional aos interrogantes que acompañan o home ao longo da súa existencia.

Sen embargo, miles de anos antes de que os filósofos comezaran a trenzar os seus sistemas racionais, o home xa tiña respondido relixiosamentes ao enigna da vida. Podemos datar históricamente o nacemento da ciencia e da filosofía, pero a orixe da arte e da relixión parece perderse na noite dos tempos, como se afundisen as súas raíces na sima mesma da que agroma o humano. A relixión (asociada a expresións artísticas como a danza ou a pintura) foi, pois, a primeira resposta do nome aos interrogantes máis profundos que lle  formulaba o existir e segue sendo a resposta para millóns de crentes espallados por todo o mundo.

Relixión e filosofía

A filosofía, entendida como un intento de dar resposta racional aos problemas que o home enfronta, non pode coincidir plenamente coa relixión na medida en que esta última inclúe, por esencia, unha apelación á fe. Non se trata de que a relixión sexa irracional ou estea en contra da filosofía senón de que a relixión ten un compoñente transracional, isto é, irreductible a razón, que é a fe. Se queremos que alguén comprenda un teorema matemático pedímoslle que faga uso da súa intelixeencia (se alguén acepta o teorema por fe é que non o entrendeu) pero para entrar no camiño relixioso o que se nos pide é un acto de fe, algo máis que un mero asentimento racional.

Relixión e ciencia

Do mesmo modo, se ben é certo que tanto  a ciencia como a relixión insisten na necesidade da experiencia, tamén é certo que o que ambas entenden por experiencia non é o mesmo.  Unha experiencia para ser científica ten que ser publicamente comprobable mentres que as experiencias cume que nos relatan os santos e místicos amosan un carácter íntimo, ocorren, por así dicilo, porta adentro sen que haxa máis testemuñas que o que está tendo a vivencia.

Se alguén nos di que leva unha entrada de cine no peto temos un medio para comprobar se o que nos dí é certo ou non, basta con mirar dentro de  peto. Pero se alguén ao noso lado parece entrar en trance e despois nos conta que lle estivo falando a Virxe María, a cuestión é moi distinta, podemos crer ou non o que nos conta, pero non podemos abrir a súa mente como se fose un peto e ver se efectivamente alí se encontra ou estivo a Virxe María. Incluso no caso de que o individuo en cuestión sexa veraz non temos acceso directo á súa experiencia, só el, que a viviu en persoa, tivo ese acceso.