Saltar navegación.
Inicio

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

Aberto o prazo para solicitar o Fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e material escolar para o curso 2021/2022.

 As axudas asignaranse en función da renda per cápita correspondente ao exercicio fiscal 2019, que debe ser igual ou inferior a 10.000 €, sendo requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto do ano 2020/2021 (enviarase unha circular posterior cos días de recollida de libros).

  • Fondo solidario de libros de texto: para 3º e 4º de Ed. Primaria (5º e 6º  están excluídos por ser cursos Edixgal) e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.
  • Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Ed. Primaria, Ed. Secundaria  e Ed. Especial. Renda per cápita inferior ou igual a 6000 €

A solicitude, unha por familia, poderá realizarse no centro  (especificamos quendas) e tamén de maneira telemática accedendo á aplicación Fondo Libros e través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño. Debido ás circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, establecemos unhas quendas para a entrega de documentación no centro en horario de 10 a 13 horas:

  • Desde o día 25 de maio ata o 31 de maio: 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
  • Desde o día 1 de xuño ata o 07 de xuño: 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
  • Desde o día 8 de xuño ata o 14 de xuño: 1º e 2º da ESO
  • Desde o día 15 de xuño ata o 21 de xuño: 3º e 4º da ESO

As familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro poden escoller a quenda que lles resulte máis adecuada para tramitar a solicitude.

Documentación a presentar:

  • Anexos I e II. Descargar aquí ou recoller no centro.
  • Libro de familia (orixinal e copia) sempre que autoricen a consulta telemática de datos. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Outra documentación, se procede:
    • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica
    • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
    • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
    • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en
      situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

Poden consultar a información completa na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/