Saltar navegación.
Inicio

PROXECCIÓN ISOMÉTRICA

A Xeometría Descriptiva é a parte do Debuxo Técnico que ten por obxecto a representación de corpos tridimensionais sobre superficies bidimensionais. Isto é posible grazas aos diferentes Sistemas de Representación.

Un destes sistemas e o Sistema Axonométrico, dentro do cal destaca a Perspectiva Isométrica, na que os tres eixes espaciais definen ángulos de 120º e as dimensións mídense na mesma escala sobre cada un deles. A isometría permite representar de forma volumétrica obxectos a escala, pero non semella tan realista como a Perspectiva Cónica.

Un exemplo é esta escaleira debuxada por Nahuel Conde Cea, de 4º ESO: