Saltar navegación.
Inicio

Fondo solidario de libros de texto, axudas libros de texto e material escolar.

As axudas asignaranse en función da renda per cápita familiar correspondente ao ano 2017, que debe ser igual ou inferior a 9000€, sendo requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto do ano 2018/2019 (enviarase unha circular posterior cos días de recollida de libros).

 

  • Fondo solidario de libros de texto: para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.

  • Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria.

  • Axudas para adquirir material escolar: de 1º de E. Primaria a 4º da ESO. Renda per cápita inferior ou igual a 5400 €.

 

A solicitude, unha por familia, poderá realizarse no centro e tamén de maneira telemática, accedendo á aplicación de acceso: https://www.edu.xunta.es/fondolibros.

 Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019

 Documentación a presentar: Impresos Anexo I e II (que xuntamos) e libro de familia (orixinal e copia) sempre que autoricen a consulta telemática de datos.

 Para máis información poden consultar a orde na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0006_gl.html

 

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA LIBROS DE TEXTO PARA PRIMARIA

  • Día 9 de xullo: publicación (no colexio e na páxina web) das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario.

  • Días 11 e 12 de xullo: presentación de reclamacións.

  • Día 15 de xullo: publicación das listaxes definitiva

  • Día 4 e 5 de setembro entrega de libros no Centro en horario de 10:00 a 13:00

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO. EDUCACIÓN SECUNDARIA

 - Lembrade que o alumnado só ten que devolver os libros das materias aprobadas en xuño; os libros das materias suspensas serán entregados despois dos exames de setembro.

- É moi importante entregar todos os libros no caso das materias separadas por trimestres.

- A devolución terá lugar nas seguintes datas e horas:

  •  Días 21 e 26 de xuño de 9:45 a 13:25
  •  Días 2, 3 e 4 de setembro de 9:45 a 13:25

- Resolución da convocatoria para o vindeiro curso:

  •  Día 9 de xullo: publicación (no colexio e na páxina web) das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario.
  • Días 11 e 12 de xullo: presentación de reclamacións.

  • Día 13 de setembro: publicación das listaxes definitivas.

    A entrega de libros que lle corresponden a cada alumno/a será a partir do día 16 de setembro, data na que comenzará o curso 19/20.