DEBUXO ANATÓMICO: A CABEZA HUMANA
Estos son os pasos para debuxar unha cabeza vista de fronte e de perfil, tendo en conta as súas proporcións :
-
O cráneo humano aseméllase a un ovoide.
-
A altura dos ollos está á metade da altura total da cabeza.
-
A punta do nariz está un pouquiño máis arriba do punto medio entre o nivel dos ollos e o queixo.
-
A boca está a pouco máis de 1/3 de distancia entre o nariz e o queixo.
-
O espazo entre os ollos é similar ao ancho dun ollo, e o espazo que queda desde cada ollo ao lateral da cabeza tamén. Polo tanto si dividimos en 5 partes iguais a liña que marca o nivel dos ollos, teremos definido o espazo que ocupan estes.
-
O nariz é tan ancho como o espazo entre os ollos.
-
A boca é tan ancha como o espazo entre a parte interna do iris de ambos ollos.
-
O coiro cabeludo ocupa un tercio do espazo entre os ollos e o extremo superior da cabeza.
-
A parte superior das orellas está á altura dos ollos, e a parte inferíor un pouco por baixo da altura do nariz.
-
O pescozo empeza un pouco máis abaixo das orellas.
No perfil debemos observar:
-
A parte posterior da orella sitúase á mesma distancia do ollo que a metade da altura do rostro.
-
Tamén é importante que a mandíbula vaia desde o queixo ao lóbulo da orella.
Tendo en conta as proporcións da cabeza dunha persoa, Sofía Tomasi Martínez, de 1º ESO, fixo dous marabillosos debuxos:
Claudia Balo Iglesias, de 1º ESO, seguiu estas pautas na representación dunha cabeza de fronte e de perfil, e o resultado foi tamén moi persoal e fermoso:
Outros dous exemplos estupendos, o primeiro de Martín Silva Sánchez:
E estoutro de Mara Gómez Tarrío:
Outro exemplo de 1º ESO, de Sabela Gómez Castro: