Saltar navegación.
Inicio

Grandes artistas

Wassily Kandinsky naceu en Moscova en 1866 e faleceu en Francia en 1944. Actualmente é recoñecido, entre outras cousas por ser un dos iniciadores da arte abstracta no século XX.

A súa vida foi moi interesante, xa que a pesares de estudar Dereito e Economía e ser profesor na Universidade, deixouno todo para adicarse a pintura.

Formou parte do colectivo Der Blaue Reiter, e foi profesor na Bauhaus. Tamén escribiu obras que seguen hoxe vixentes, a pesares de que lle tocou viivir a 1ª e a 2ª Guerra Mundial.

A Kandinsky preocupáballe o materialismo da sociedade e creía que a arte abstracta era unha vía de liberación para o ser humano. Propugnaba unha función mística da arte, unha arte non figurativa que non respondese ás aparencias senón á forza interior do artista.

O alumnado de 4º E.S.O. fixo neste curso un mural conxunto, baseado na obra "Amarelo, vermello e azul", que Wassily Kandinsky pintou en 1925. É un cadro de gran beleza, no que os elementos e as cores se dispoñen creando unha composición chea de contrastes e dinamismo. O alumnado soubo recrear moi ben a súa enerxía e vitalidade.

 

 

Edward Hopper foi un dos primeiros artistas estadounidenses en reflectir nos seus cadros o illamento humano na cidade moderna. En Morning Sun, Jo, musa e esposa do pintor, recibe os primeiros raios do amencer perdida nos seus pensamentos. O seu ollo dereito que parece cego, a parede espida e a elevación da habitación sobre a rúa suxiren a desolación e a soidade da impersonal vida urbana. 

No seguinte enlace podedes atopar a imaxe e máis información sobre esta magnífica obra:

https://historia-arte.com/obras/hopper-sol-de-la-manana

Sofía Tomasi, en 3º ESO fixo unha fantástica revisión actualizada deste cadro, Sol de la mañana: