Saltar navegación.
Inicio

COMUNICADO DE PRENSA

 O Claustro de profesores, o Consello Escolar, e a ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro, queren manifestar o seu rexeitamento á forma de proceder da Consellería de Educación ao adoptar de forma unilateral o peche e traslado de ensinanzas de varios centros educativos, O CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, o CPI Monte Caxado en As Pontes, o CPI da Ribeira en Porriño e o CEIP Emilio Navasqüés de Outes, mostrando unha falta de respecto e consideración á comunidade educativa deses centros: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente.

Desde a comunidade educativa de Fonte Díaz entendemos que calquera decisión deste tipo debe ser informada e negociada cos representantes do profesorado e demais traballadores dos centros e cos representantes de pais e nais do alumnado.

Queremos mostrar a nosa solidariedade e apoio á comunidade educativa destes centros e desexar que a problemática se resolva da mellor maneira posible