Saltar navegación.
Inicio

Folga día 9 de marzo

Estando convocada unha FOLGA XERAL DO ENSINO por todos os sectores (ANPAS, Profesorado e Alumnado) para oxoves día 9 de marzo de 2017, o Equipo Directivo do C.P.I. Plurilingüe Fonte Díaz, comunica aos pais/nais de alumnos/as que, por tal motivo, ese día non se poderá garantir o normal desenvolvemento das clases.

Nos servizos mínimos establecidos pola Consellería, queda garantida a apertura e peche do centro coa presenza do director ou un membro do equipo directivo, un subalterno, a coidadora e unha persoa de cociña, así como algún posible profesor ou profesora ou persoal do centro que non participe na folga.

Tamén se establece como servizo esencial o transporte escolar de entrada é saída. O alumnado usuario deste servizo que secunde a folga non poderá facer uso del salvo que contemos cunha autorización por escrito do seu pai/nai titor/a legal.

Lembramos finalmente que, seguindo a normativa do centro, todo o alumnado que participe na folga, como con calquera outra falta, deberá entregar a xustificación pertinente con anterioridade ou nos tres días seguintes á data da folga.

O que lles trasladamos para o seu coñecemento e aos efectos oportunos.

 

Fonte Díaz a 7 de marzo de 2017.