Skip to Content

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MAIO 2021

CRIBADO COVID-19 EN FARMACIAS

Estimadas familias:

A Consellería de Sanidad en colaboración co Colexio Farmacéutico de Pontevedra iniciou un “Programa para a detección do virus SARS-CoV-2”

Este programa consiste nun cribado dirixido aos menores da provincia de Pontevedra de 12 a 17 anos, que non presenten síntomas compatibles coa COVID-19. O cribado farase a través das farmacias, mediante a auto recollida dunha mostra de saliva.

Animamos a todas as familias a participar nesta importante iniciativa para evitar brotes no centro educativo.

Tedes toda a información para facer o cribado no documento adxunto

Atentamente

Secretaría

ENQUISA CONVIVENCIA NAS AULAS

Estimadas familias:

La Xunta abre el 3º macrocuestionario sobre la convivencia en las aulas y solicita la colaboración de las familias para cubrir una nueva encuesta de diagnosis.

En el día de hoy, a todos los alumnos de Infantil, Primaria y ESO se les entregará un documento con la clave de acceso y la dirección de internet donde deben realizar dicha encuesta (una por familia).

Son alrededor de 15 preguntas, habiendo de plazo  hasta el 29 de Abril

Se agradece de antemano su colaboración y participación en esta recogida de datos.

Atentamente,

La dirección.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO

Comunicamos que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión neste centro para o vindeiro curso 2021-2022 está admitido

MENÚ COMEDOR ABRIL 2021

Estimadas familias:

No arquivo adxunto poderedes ver o menú do comedor do mes de abril

 

Atentamente

Secretaría

PUBLICACIÓN DE NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

ESO

A publicación das notas da 2ª avaliación faráse no ABALAR o venres, día 26 de Marzo, no seguinte horario

1º ESO ás 9:00 h

2º ESO ás 10:00 h

3º ESO ás 11:00 h

4º ESO ás 12:00 h

 

INFANTIL E PRIMARIA

Entregaránse os boletíns de notas o venres, día 26 de marzo.

Tamén podrán consultar as notas no ABALAR ese mesmo día 26 de marzo a partires das 15:00h

 

 

PROBAS PCR

Estimadas familias:

O xoves, 18 de marzo, faranse as probas PCR aos alumnos de infantil, primaria e secundaria, persoal docente e persoal non docente deste centro educativo para o cribado da COVID-19

Atentamente

Secretaría

CRIBADO COVID-19

Estimadas famillias:

Informamos que a vindeira semana virán de Sanidade para facer un cribado Covid-19 a todólos alumnos de infantil, primaria e secundaria, persoal docente e persoal non docente do centro educativo.

Hoxe enviamos a través dos/as alumnos/as unha autorización que terá que vir asinada polo pai/nai ou titor do/a alumno/a mañá venres, día 12 de marzo de 2021.

 

Atentamente

Secretaría

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

NORMATIVA

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)

- Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG 22/12/2020)

 

PRAZOS

1. O prazo de presentación de solicitudes de admisión será dende o 1 de marzo ata o 22 de marzo. A documentación que deberá presentarse no centro é a seguinte:

- A solicitude de admisión modelo ED550B (adxúntase arquivo), que podrá presentarse no centro educativo ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

- Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou libro de familia

- Expediente académico no caso que se solicite praza para un curso distinto de 4º de infantil.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

2. O prazo de presentación de documentación en caso de baremación será de 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicitudes de admisión.

3. O prazo de publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos será antes do 26 de abril.

4. O prazo de reclamación será de 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da lista provisional.

5. O prazo de publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos será antes do 18 de maio.

6. O prazo para formalizar a matrícula será para infantil e primaria do 20 de xuño ata o 30 de xuño, para a ESO será do 25 de xuño ata o 10 de xullo. O prazo extraordinario de formalización de matrícula para a ESO será do 1 de setembro ata o 10 de setembro.

Adxúntase arquivo informando da documentación que deberá presentar no momento de formalizar a matrícula

 

OFERTA DE PRAZAS

Adxúntase arquivo coas prazas dispoñibles para o curso 2021-2022

ALUMNOS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Comunicamos que todo o alumnado que presentou solicitude de reserva de praza para o curso 2021-2022 no centro adscrito IES A Cañiza foi admitido.

Así mesmo, os alumnos que presentaron reserva de praza nos centro adscritos de Crecente, Arbo e Valeixe para cursar 1º ESO no CPI da Cañiza, foron todos admitidos.

Atentamente

Secretaría

Distribuir contido


by Dr. Radut