Skip to Content

DÍA DA PAZ · MERCADILLO SOLIDARIO

 

 

 

Este ano o luns 31 de xaneiro conmemoraremos o Día da Paz cun Mercadillo Solidario.
Os cartos que recademos, investirémolos na acción educativa que a ONG "Solidaridad Internacional", está a traballar en Nicaragua, na cidade de Managua, no barrio marxinal de Acahualinca, onde está "La Chureca", o vertedoiro municipal da cidade.
O obxectivo deste proxecto é ampliar a oferta educativa do centro de Formación Laboral "Rafael Reyes García" de Managua. Darase formación ás mulleres, adolescentes e menores que traballan no vertedoiro colleitando refugallos, e así ter capacitación laboral e técnica para xerar iniciativas económicas, proporcionarlles oportunidades de traballo en condicións dignas e mellorar a súa situación de explotación e pobreza .
Por isto, os nen@s están a elaborar obxectos (pulseiras, pisapapeis,etc) para vender ese día no patio do colexio. Esta venda non vai dirixida ao alumnado de primaria nen infantil, senon a TODO O MUNDO que se queira achegar e colaborar.
Tamén haberá un posto de produtos de "Comercio Xusto" (chocolate, café, etc) de Solidaridad Internacional

Solidaridad Internacional é outro con donacións dos profesores. O Mercadillo terá o seguinte horario:

Mañá: 12:20 - 13:30
Tarde: 15:00 - 16:20.
Cada curso atenderá os postos ás:
12:20 - 13:00 6º Primaria + 1º A
13:00 - 13:30 5º Primaria + 1º B
15:00 - 15:30 4º Primaria
15:30 - 16:00 3º Primaria
16:00 - 16:20 2º Primaria
Os de Infantil visitarán o mercado
12:30 - 12:45 Inf. 3 anos
12:45 - 13:00 Inf. 4 anos
13:00 - 13:15 Inf. 5 anos
ANIMÁDEVOS e VISITÁDENOS!!! Os nen@s están moi ilusionados!!! Ademais como clausura degustarase unha CHOCOLATADA.
GRAZAS POR ADIANTADO!!!

 



portada | by Dr. Radut