Skip to Content

INSTRUCCIONES MATEMÁTICAS

belendopazo

INSTRUCCIÓNS MATEMÁTICAS

 

  • De cara a obter os mellores resultados posibles na terceira avaliación é mester realiza-las tarefas que se van ir propoñendo semanalmente.

 

  • As tarefas propostas subiranse á carpeta de Drive do CPI os luns pola mañá. E a data límite de entrega de ditas tarefas será o xoves da mesma semana.

 

  • Ese mismo venres vos subiremos as solucións. Vos deberedes facer unha táboa de autocorrección no word o mediante foto do caderno, onde explicaredes para cada exercicio:

    • se o tíñades ben.

    • se o tíñades mal, ónde estaba o erro.

    • se non o entenderades, cál é a dúbida.

 

  • Estas tarefas diseñaranse tendo en conta a carga lectiva da materia en cada nivel, pero nunca serán excesivas ni de unha gran complicación.

 

  • A partir do 4 de maio estableceranse 2 tipos de tarefas:  de Reforzo-Recuperación e de Ampliación.

 

  • As tarefas de Reforzo-Recuperación serán as que teñen que facer o alumnado que teña algún exame suspenso dos que se fiseran ata o 13 de marzo e aquel@s alumn@s que deseen reforzar os seus coñecementos.

 

  • As tarefas de Ampliación van dirixidas a ampliar coñecementos sobre contidos xa vistos ou sobre contidos novos.

  • O alumnado deberá elexir, cada semana, unha desas 2 opcións.

 

  • É importante que estas tarefas se fagan cada semana, NO valerá pór o resultado e deberán ir acompañadas dun procedemento de resolución (explicación). No caso dos problemas deberán constar: datos, resolución e resultado.

 

  • La entrega das tarefas por parte do alumnado faranse enviando un correo electrónico a matescpicaniza@gmail.com, a través da aula virtual ou a través de Google Classroom(segundo como o indicase a súa profesora de matemáticas). 

 

  • A entrega das tarefas farase preferiblemente mediante fotos do caderno.

 

  • Se algún/a alumno/a non conta cos medios necesarios para poder realizar e/ou enviar as tarefas deberá porse en contacto o antes posible coa profesora correspondente para tratar de buscar unha solución.



Pendentes matemáticas ( a partir do  4 maio)

 

NON haberá exame como tal, en maio, como era todos los anos pasados.

 

Os alumnos/as que teñen pendente matemáticas terán unha carpeta específica para elo. Deben facer as tarefas que se lles propoña, segundo o caso (dirixiros no correo a vosa profesora do curso actual);  é lóxico que non tódolos casos sexan iguais, segndo o traballo xa realizado (tarefas, probas nas dúas partes, ata o confinamento) e nivel, especificando que son de “pendentes matemáticas e o curs pendente”. As tarefas podedes repartilas cada 15 días, non máis, para que non se vos acumule co resto de tarefas; debedes mandalas igual, vos salgan todas ou non, neste último caso preguntar dúbidas; e por suposto cunha explicación, non só solucións.

 

 

Ánimo, xa queda pouco.

Un saúdo.

Profes de matemáticas



page | by Dr. Radut