Skip to Content

RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN FÍSICA 1º 2º PRIMARIA

manolito

Recomendacións dende a área de Ed. Física para o alumnado de 1º e 2º curso

 

Durante o período que debemos permanecer no noso domicilio pola alerta sanitaria, son varias as propostas que temos para realizar actividade física:

 

- Realización diaria dos exercicios de mobilidade articular que facemos no quecemento nas sesións de Educación Física.

- Realización de exercicios de baixa intensidade, no chan ou nunha esterilla

- Xogos de mesa en familia

- Realización de estiramientos suaves de xeito individual ou coa axuda dun familiar.

- Realizar tarefas diarias como poñer a mesa, tender a roupa, limpar e ordenar o noso cuarto, pasar a aspiradora, etc.

- Realizar unha pequena coreografía de maneira individual ou cun familiar.

- Buscar información sobre algún deporte olímpico que che guste especialmente e redactar un pequeno texto explicando porque che gusta.

- Dar paseos pola nosa casa percorrendo diferentes estancias.

- Saltos cunha corda

- Poñer música e bailar, facer zumba, etc.

- Manter o equilibrio sobre un ou varios obxectos, cronometrar a ver quen dura máis nesa posición...

- Colocar varios obstáculos de diferente altura e saltalos

- Xogar coa goma.

- Correr no sitio sen desprazarse, facendo series ou repeticións de 1 ou 2 minutos e descansar

- Xogar ó escondite, á pita cega, coa peonza, ó 1-2-3 plan

- Xogar con globos

- Xogar ó fútbol, ó baloncesto ou calquera outro deporte que podamos adaptar na nosa casa

- Patinar: percorrer un circuíto ou desprazarse entre obstáculos.

- Xogos de expresión corporal

   

O mestre de Ed. Física

Javier

 



page | by Dr. Radut