Skip to Content

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

belendopazo

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA NO CPI A CAÑIZA 

O CPI A CAÑIZA,  a través do departamento de matemáticas e co motivo da primeira celebración  do día  Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convoca o I concurso de fotografía matemática.

Nesta primeira edición proponse ao alumnado da ESO que poñan en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están  relacionados coas matemáticas .

As bases do concurso xa foron expostas nas aulas pola súas respectivas profesoras. O prazo para enviar as fotografías será ata o 11 de marzo; e éstas serán  enviadas ao correo do departamento xunto o nome completo  do alumno e o curso ao que pertence , ademais do título  de dita fotografía no que se mencionará a relación  das matemáticas co entorno.

Entre os participantes haberá unha lista de gañadores, 3 por nivel, entre  os que se repartirán premios dun  pequeno cheque para consumir na cafetería  do Centro.

ANIMÁDEVOS, e calqueira dúbida consultádea coas vosas profesoras de matemáticas. 

 



page | by Dr. Radut