Skip to Content

LIBROS DE TEXTO 2022-2023

Xa podedes consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023 nos seguintes enlaces:

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS

CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo facendo unha parte do Camiño de Santiago. Foron 3 días intensos, pero de moita diversión.

Na primeira xornada tiveron a sorte de coñecer en persoa ás Tanxugueiras.

 

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE PARA O CURSO 2022-2023

Aberto o prazo para solicitar as Bolsas e Axudas para alumnado que presenta algunha Necesidade Específica de Apoio Educativo do 19 de maio ó 30 de setembro de 2022.

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL CURSO 2022/2023

1. NORMATIVA: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

2. PRAZO: dende o 19 de maio ó 22 de xuño

3. PRESENTACIÓN:

A) SI, TEÑO CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL:

(OPCIÓN PREFERENTE)

1. Entro na aplicación FONDOLIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

2. Cubro os datos que me piden (Anexo I e Anexo II)

3. Presento a solicitude:

a) Na sede electrónica da Xunta (non necesito ir ó centro) https://sede.xunta.gal

b) No centro: imprimo a solicitude, coas sinaturas de todos os membros da unidade familiar, e entrégoa no colexio.

B) NON TEÑO CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL:

1. Teño que ir a buscar a solicitude no centro OU imprimila dende a páxina: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ 

     (non é necesario identificarse para poder imprimir a solicitude)

2. Cubro os documentos cos datos que me piden (Anexo I e Anexo II) coas sinaturas de todos os membros da unidade familiar.

3. Entrego no centro a solicitude cuberta.  

I CONGRESO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA E DIXITAL

O NOSO COLE ESTÁ DE NORABOA!!!

ESCOLA DE FAMILIAS

XA TEMOS NOVA DATA PARA A REALIZACIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS: SERÁ O MÉRCORES 18 DE MAIO ÁS 16:30 NO AUDITORIO DO CONCELLO

 

MENÚ SEMANA DO 18 Ó 22 DE ABRIL DO 2022

Becas e axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2022-2023

Dende hoxe 30 de marzo ó 12 de maio está aberto o prazo de solicitude das Becas de estudos para o alumnado que o próximo curso se matricule en estudos postobrigatorios ou nun ciclo de formación profesional básico.

 

ESCOLA DE FAMILIAS

O xoves 31 de marzo, ás 16:30h temos unha actividade de formación dentro da Escola de Familias do noso cole.

Estamos detectando moitos problemas de orixe emocional no alumnado dende o inicio da pandemia, polo que precisamos coñecer ferramentas de xestión do benestar emocional das nosas fillas e fillos.

Ó rematar teremos unha pequena merenda para os asistentes. Agardámosvos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut