Skip to Content

INFORMACIÓN NOVO PROTOCOLO COVID-19

O protocolo de actuación no centro educativo de cara a previr os contaxios segue sendo o mesmo que xa estaba establecido. O que cambia é o procedemento que vai seguir o SERGAS para tratar os posibles casos positivos do alumnado en canto ás corentenas e as probas diagnósticas.

Presentámosvos aquí un resumo para facilitarvos a vosa labor como familias:

Pregunta 1: QUÉ FAGO SE A MIÑA FILLA OU O MEU FILLO TEN SÍNTOMAS COMPATIBLES CON INFECCIÓN POR COVID (DOR DE GARGANTA, TOS, FEBRE,...)?

1. A nena ou neno non deberá acudir ao centro educativo (independentemente de se está vacinado ou non).

2. Debo notificalo ó colexio e contactar co seu pediatra ou médico de familia.

Pregunta 2: QUÉ PASA SE A MIÑA FILLA OU FILLO PRESENTA SÍNTOMAS MENTRAS ESTÁ NO COLEXIO?

1.Chamaranvos dende o centro para que veñades a recollela/o.

2. Deberedes contactar co seu pediatra ou médico de familia. No caso de que fagades un autotest e o resultado sexa positivo podedes seguir o procedemento que se indica na pregunta 3.

 Pregunta 3: QUE FACER SE UN AUTOTEST (ANTÍXENOS) DA POSITIVO?

1. Teño que notificarllo ó SERGAS mediante unha destas tres opcións:

A. Cubrir o formulario de autodeclaración de caso sospeitoso:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

B.Chamar ó teléfono 881540045

C. Notificarllo ó centro de saúde.

2. Ademais teño que comunicalo positivo ó centro educativo.

Pregunta 4: CAL VAI SER O PROCEDEMENTO QUE SE VAI SEGUIR COS POSITIVOS E OS CONTACTOS?

En Infantil e Primaria xa non se xerarán contactos estreitos (excepto inmunodeprimidos), a menos que o número de casos na aula sexa 5 ou superior no período dunha semana. Na ESO poden xerarse contactos, pero solo se corentenará ós non vacinados.

Achegamos uns cadros informativos editados pola Consellería:

Infantil e Primaria

 

MENÚ SEMANA DO 7 Ó 11 DE FEBREIRO DO 2022

MENÚ SEMANA DO 17 Ó 21 DE XANEIRO DO 2022

MENÚ SEMANA DO 10 Ó 14 DE XANEIRO DO 2022

MENÚ SEMANA DO 24 Ó 28 DE XANEIRO DO 2022

CLUBE DE LECTURA

Aquí vos deixo un vídeo da coordinadora de biblioteca con información para a posta en marcha do Clube de Lectura.

VACACIÓNS DE NADAL. CALENDARIO ESCOLAR

Lembrade que as vacacións de Nadal abranguen dende o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive, tal como establece a ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O último día de clase (martes 21) funcionarán os servizos de comedor e transporte con normalidade.

 

MENÚ SEMANA DO 13 Ó 17 DE DECEMBRO DO 2021

MENÚ SEMANA DO 6 Ó 10 DE DECEMBRO DO 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut