Radio Nacional de España emite as fins de semana un programa chamado No es un día cualquiera, presentado por Pepa Fernández. O programa conta cunha sección chamada "Verba volant", adicada ao latín e presentada polo recoñecido latinista Emilio del Río.
O noso alumnado de latín participa semanalmente no "Concursus" da nomeada sección. Na última emisión o presentador enviou un saudo en directo aos alumnos que cursan esta materia.
A emisión do último "Verba volant" pódese escoitar premento na ligazón. (Min. -36:24)
Por outra banda, nestes últimos días andiveron ocupados cubrindo o "ceo" da aula con diferentes constelacións, das que rescataron numerosas etimoloxías latinas.
Estes latinistas tuiteros brillan con luz propia.