Skip to Content

Abril 2021

Concurso de ortografía: Xa temos gañador!

O noso concurso de ortografía xa ten gañador!

O 23 de abril, coincidindo co Día do libro, sorteouse entre todas as participacións (88) o libro electrónico premio do concurso. O gañador foi Anxo Giráldez, de 5ºB Ed.Primaria, que participou con dous erros atopados.

 

O sorteo foi emitido en directo por videoconferencia segura tras a visualización do vídeo remitido polo Sr. Alcalde de Baiona co motivo do Día do Libro.

Concurso de ortografía: Xa temos gañador!

O noso concurso de ortografía xa ten gañador!

O 23 de abril, coincidindo co Día do libro, sorteouse entre todas as participacións (88) o libro electrónico premio do concurso. O gañador foi Anxo Giráldez, de 5ºB Ed.Primaria, que participou con dous erros atopados.

 

O sorteo foi emitido en directo por videoconferencia segura tras a visualización do vídeo remitido polo Sr. Alcalde de Baiona co motivo do Día do Libro.

Contos para nenos peculiares

A segunda lectura do club de 1º da ESO  foi Contos para nenos peculiares, de Ransom Riggs.

CONTOS PARA NENOS PECULIARES | RANSOM RIGGS | Casa del Libro

Nun mundo ficticio, de imaxinación desbordante, atopamos historias como as que aquí se escriben. Contos nos que podemos facer dúas ou tres lecturas e atopar sempre pormenores fascinantes e imprevistos.
Entre os relatos que máis gustaron, podemos destacar os Caníbales espléndidos, onde xa o título nos deixa entrever as extravagancias que se contan. Máis aló do disparatado que pode ser que unhas persoas coman as outras ou que estas rexeneren os seus membros, atopamos aquí unha vívida metáfora do mundo capitalista en que nos movemos, trampas incluídas.
O tema que trata a historia de A princesa que tiña a lingua bífida, enfócase en como os prexuízos e as intolerancias sobre o diferente poden afastar de nós ás persoas que nos rodean. Aínda así, hai xente que é quen de sobrepoñerse a estas situacións sen caer en malos modos coa súa contorna nin tomar accións de vinganza.
En conclusión, esta obra fornécenos duns coñecementos e valores moi necesarios no noso xeito de interactuar socialmente que nos afastan do egoísmo e o individualismo imperante.

Entre dúas adolescencias

Coas lecturas de 4º da ESO, puidemos achegarnos a dúas adolescencias ben diferentes con Anne, a de Tellas Verdes e Iridium.
En primeiro lugar, de Anne chamounos a atención a súa forma de vida, tan afastada do noso día a día, sen luz nin ducha! Seguir os seus pensamentos foi como subirse a unha montaña rusa de emocións: nun momento dramática e noutro exuberante. Houbo cuestións peculiares sobre a protagonista que nos causaron grande interese, como a súa teima co seu aspecto físico ou o seu costume de falar cos obxectos inanimados. Alegre, intensa e necesitada de encher a gran soidade que sempre sentiu por ser unha nena orfa incomprendida, refuxiouse na literatura, a mesma que empregamos para nos evadir desta pandemia, para se aferrar á cordura, aínda que en ocasións esa súa cordura ten uns límites difusos e resulta excéntrica e excesiva, rozando a loucura.
Por outra parte, en Iridium encontramos un relato breve e descarnado da loita interior que sofre unha rapaza, logo dun accidente que muda por completo a súa vida, para afrontar as consecuencias e procurar de novo o seu lugar cando a súa percepción sobre a vida e as perspectivas de futuro cambian radicalmente. Da obra gustou a forma en que o autor ficcionou a discapacidade, sendo quen de reflectir unha sociedade que adoita deixarse levar polos prexuízos e o vitimismo. Sentímonos moi identificadas e identificados co relato que a protagonista fai do uso das redes sociais, como un mecanismo de desconexión da realidade que permite finxir unha vida feliz sustentada por likes. O final, tan aberto e diferente ó esperado, resultou francamente sorprendente.



by Dr. Radut