slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Solicitude comedor escolar para o curso 23/24

Para solicitar o comedor escolar para o próximo curso, déixovos os seguintes documentos:

-Información xeral

-Como calcular a casiña referente á RENTA

-ANEXO: é o que tedes que presentar na secretaría do centro. Podédelo cubrir e imprimilo ou facelo a man.

 

PRAZO de PRESENTACIÓN: do 1 ó 4 de setembro

Proxecto Mestres gandeiros-A nosa aldea

Moitas grazas ao alumnado do noso cole por amosarnos un pedaciño da súa vida e das súas aldeas, e colaborar co centro no Proxecto Mestres Gandeiros do que formamos parte.

Nós non somos un cole pequeno, nós somos unha familia ben grande.

Querémosvos moito!! Pasade unhas felices vacacións !!!

 

LIBROS DE TEXTO 2023/2024

Bo día, familias !!

No enlace adxunto tedes a información sobre os libros de texto para o curso 2023/24, para a etapa de educación infantil e para a de educación primaria.

Na etapa de educación secundaria (ESO), como sabedes, o alumnado dispón da equipación de E-dixgal.

Apertas para tod@s!!

Encontro co escritor Lois Pérez e Certame Literario "Darío Xohán Cabana"

Parabéns para as gañadoras do Certame Literario: Valentina (Infantil), Carla (2º Primaria), Marina (4º Primaria) e Laura (ESO).

Moitas grazas a todos e a todas pola participación!

E mandamos un agradecemento moi especial ao escritor lucense Lois Pérez! Por vir ao noso cole, por  compartir con nós a súa experiencia como escritor e como lector, e por acercarnos un pouquiño máis á súa primeira novela xuvenil, A gruta da Torre

 

 

Visita ao CIFP Politécnico e o Distrito Forestal

Este martes, o noso alumnado da ESO tivo unha visita guiada por todos os itinerarios profesionais que se imparten no CIFP Politécnico de Lugo. O Departamento de Orientación deste centro, en colaboración co do noso cole, explicounos como se organizan os diferentes ciclos formativos, como se accede aos mesmos, e que trámites son precisos para inscribirse ou matricularse. Así mesmo, mostráronnos as súas instalacións, e puidemos falar co seu profesorado, que compartiu con nós as súas experiencias e respondeu a todas as nosas dúbidas.

E outra das visitas deste día foi ao Distrito Forestal de Lugo. O seu técnico, Xabier Bruña, explicounos como se xestiona a protección do monte, e tamén nos falou dos nosos montes, os de Cervantes, que ocupan unha parte importante do concello, e son maioritariamente Montes Veciñais en Mao Común.  

Moitas grazas pola acollida, e por todos os coñecementos compartidos con nós!  

 

Certame Literario "DÍA DO LIBRO"

Parabéns ás gañadoras do certame literario do Día do Libro: Nerea (Infantil), Alicia (1º de Primaria), Ainara (6º de Primaria), Patricia (1º de ESO) e Natalia (3º de ESO).

Moitas grazas a todo o alumnado por participar  e moitas grazas ao Concello de Cervantes pola súa colaboración.  

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer