Sensibilización Social

Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais

    O alumnado de 4º da ESO participou nunha Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais, impartida pola asociación A Creba. Nela tratouse de facerlle ver ao alumnado que as persoas con enfermidades mentais sofren unha patoloxía similar a outros enfermos crónicos, no sentido de que, despois dun correcto diagnóstico, poden levar unha vida normal en sociedade coa axuda da medicación. Non levan pois, unha etiqueta identificativa na súa fronte, e calquera persoa pode chegar a padecer unha enfermidade mental.

Xornada de Sensibilización sobre a Discapacidade e o Deporte Adaptado

Nesta ocasión o alumnado de 4º da ESO tivo unha xornada sobre deporte e discapacidade. Foi impartida por ADECO-DEA en colaboración coa asociación MISELA. Nela interviu o presidente de ADECO-DEA, José Barrio, quen relatou as súas propias vivencias no eido do deporte adaptado. Tamén interviron outras profesionais, como unha psicóloga e unha terapeuta ocupacional, que se encargaron de dar unha visión detallada dos beneficios do deporte a nivel psicolóxico e terapeútico.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión